1441-04-09
Roi Yáñez, notario
Transferencia
Historia institucional o biografía: Situada á beira do río Avia, a casa central da encomenda de Santa María de Beade atopábase no concello de Beade (Ourense). Composta por 18 coutos ou priorados, a súa orixe remóntase ao século XII. Os seus dominios estendíanse desde as ribeiras do río Avia ata Vigo e a ría de Pontevedra, pasando pola zona central do territorio galego, con coutos no Deza e en Vedra. Ao longo da súa historia, Beade acumulou as encomendas de Toroño, Mourentán e Ribadavia. Así o comendador de Ribadavia no século XIV era tamén comendador de Beade e Mourentán. Ademais esta encomenda recibiu bens da orde do Temple, como o couto de Santiago da Canda, que pasou en 1319 de mans dos templarios aos sanxoanistas de Santa María de Beade.
https://arquivo.galiciana.gal/arpadweb/gl/consulta/registro.do?id=149529
glg
Doazón outorgada por Xoán Vázquez, veciño de Ribadavia, a Gonzalo de Leirado, da metade dos quince marabedís que Mariña do Rego daba de foro pola súa herdade e da metade das viñas que están no Val da Pereira, na freguesía de San Paio, que tiñan aforadas Xoán do Rego e Mariña do Rego, salvo unha viña que se reserva para el
Documento
1 Pergameo(s). 175 x 182 mm.
Instrumentos de descripción: Catálogo manual de fichas
Catálogo automatizado
Pergameo
Historia archivística: Este fondo ingresou no arquivo procedente da Delegación de Facenda en 1943. Forma parte dos documentos fundacionais do Arquivo Histórico Provincial de Ourense e procede das institucións relixiosas desamortizadas no século XIX. Trala Desamortización os arquivos das institucións relixiosas ingresaron no Arquivo Histórico Nacional pero unha boa parte dos fondos monásticos ourensáns permaneceu nas dependencias provinciais de Facenda e pasou a constituír a documentación fundacional do arquivo.
Arquivo Histórico Provincial de Ourense
TEXT
(unknown)
(unknown)