1650-01-01
Alcance y contenido: A produzón propia dunha parroquia: libros de bautizados, casados, defuntos, confrarías, etc.
Depósito
Historia institucional o biografía: Esta parroquia xa é nomeada nun privilexio real do Mosteiro de Oia de 24 de xuño de 1139. Segundo as constitucións sinodais de 1528 o beneficio desta igrexa era de patronato do Bispo, despois foi de patronato de legos dunha extensa familia e de esta, por doazóns e outros tíduos, adquiriuna o canónigo da catedral de Tui don Morguete Rodríguez, fundador da casa e maiorazgo dos Troncoso sita e San Martín da Picoña. De antigo a igrexa atopábase nun alto, no lugar dos cruceiros. Este lugar chamábase do Castro dada a súa elevación, razón poña cal en moitas escrituras antigas esta parroquia figura conmo San Miguel do Castro. O traslado da igrexa a outro lugar foi motivado pola mala situación da mesma: no inverno estragábase o tellado cos fortes temporais e tíñase que ter pechada a porta para poder decir misa. Así o canónigo reedificouna no lugar da Corredoira, da súa herdade, concluindo a obra no ano de 1556.
Avelino Bouzón Gallego, director, Roberto Fernández Díaz, auxiliar, Macarena Cuiñas Gómez.
https://arquivo.galiciana.gal/arpadweb/gl/consulta/registro.do?id=301904
und
Ós documentos poden acceder os investigadores e todo o aquel que xustifique a súa utilización por motivos persoais. Deben aterse ás limitacións das leis vixentes e o regulamento dos arquivos eclesiásticos españois.
A reproducción está moi limitada para evitar o deterioro e garantir a integridade da documentación. Existen uns impresos para solicitar fotocopias e reproduccións dixitais.
Taborda, San Miguel de
Colección
No existen copias
Instrumentos de descripción: Ficheiro temático, guías e inventarios.
Historia archivística: O Arquivo Histórico Diocesano foi erixido en 1974 para asegurar e difundir o patrimonio documental conservado nos arquivos parroquiais da diocese con dilixente esmero por parte dos párrocos. Ese inaprezable tesouro chegou íntegro ata nós, salvo moi contadas excepcións, nas que sufriu deterioros por deixamento persoal ou por destrución a mantenta, coma no caso do saqueo e queima dos arquivos das parroquias do Porriño, de Vilavella e de Redondela polos franceses en 1809. Para evitar perdas irreparables das fontes que posibilitan a reconstrución da vida relixiosa, cultural, económica e social dos tempos pretéritos, en 1971 a Conferencia Episcopal Española determinou que se transferiran os arquivos parroquiais con máis de cen anos de antigüidade ó Arquivo Histórico Diocesano. Facéndose eco da importante iniciativa, o Boletín Oficial del Obispado de Tuy-Vigo, número 115 (1974), publicou o decreto do entón bispo da diocese, D. José Delicado Baeza, no que dicía: “De conformidade co acordo da Confederación Episcopal Española dispoñemos que os arquivos parroquiais con antigüidade de cen anos se transfiran ó arquivo xeral diocesano, conservando a súa propiedade as respectivas parroquias”.
Co mencionado decreto de 1 de maio de 1974 creouse o Museo e Archivo Diocesano baixo a dirección do sempre lembrado D. Jesús Gómez Sobrino. Ambas entidades patrimoniais e culturais permaneceron unidas e ocuparon o nobre edificio do antigo hospital de pobres e peregrinos, inmediato á catedral, que o prelado D. Juan Manuel Rodríguez Castañón construíra ás súas expensas en 1756 sobre outro anterior, levantado no século XVI.
Polo 1983, para mellorar o ordenamento físico do Arquivo Capitular, habilitáronse as dependencias do non utilizado pazo de contaduría, sito no lado norte da catedral. As obras realizáronse no 1797, sendo bispo D. Juan García Benito. No ano 1994 trasladouse tamén alí o Arquivo Histórico Diocesano. Dende xuño de 1998, xa co bispo actual, D. José Diéguez Reboredo, separáronse totalmente os arquivos Catedralicio e Diocesano do Museo Histórico Diocesano.
O Arquivo Diocesano dispón, ademais, dunha biblioteca especializada en temas históricos para facilitar o traballo dos investigadores.
TEXT
(unknown)
(unknown)