1909-1915
Título: o fondo titulouse co nome de Ramón Cabanillas cando foi organizado e descrito por primeira vez en 2002. Entón ás cartas do poeta desde Cuba a un amigo de Cambados xuntáronselle tres cartas de Cabanillas a César Alvajar de diferente procedencia. Aínda que en 2008 retíranse as cartas a Alvajar, mantense o nome do fondo (o nome máis correcto sería o de Manuel Sánchez Peña, o correspondente de Cabanillas en Cambados) tendo en conta que o material xa é así coñecido polos investigadores e os usuarios do arquivo. Historia da custodia dos documentos:
As cartas de Cabanillas da súa etapa cubana estaban cosidas entre si. O realizar o inventario dos documentos, por motivos de conservación desfíxose o atado. Historia da custodia: en xullo de 2008 retiráronse do fondo as tres cartas de Ramón Cabanillas a César Alvajar, doadas a Real Academia Galega por Javier Alvajar López en 1979, e integráronse na Colección de manuscritos e orixinais.
Alcance y contenido: O fondo está formado por cartas e postais enviadas por Cabanillas a un amigo de Cambados dende Cuba, dende a súa chegada en 1910 ata 1915.
Compra19711014
Historia institucional o biografía: Ramón Cabanillas Enríquez nace en Fefiñáns-Cambados en 1876, e morre en Cam bados o ano de 1959. Poeta e autor teatral, cultivando a prosa ocasionalmente.
Pertenceu as Irmandades da Fala; o Seminario de Estudios Galegos; á Real Academi a Galega e á Real Academia Española.
Ingresou no Seminario de San Martiño en 1889-1893. Despois o longo de dez anos desempeña funcións burocráticas na súa vila natal, primeiro nunha notaría e despois no Concello.
Casa con Eudoxia Álvarez.
Emigra a Cuba en 1910 (12/setembro/1910, sae de Galiza, por Vigo), e na Habana foi contable de comercio e administrador do Teatro Nacion al, propiedade do Centro Gallego, dirixindo o boletín "El Centro" e redactando novos estatutos para a entidade.
En 1912 regresa a visitar a súa muller que quedara Cambados, e asiste a un mitin de Acción Gallega en Vilagarcía, simpatizando co movemento agrario liderado por Basilio Álvarez. Regresa definiti vamente a Galicia en 1916, onde será secretario do Concello de Mos (1916-1924). Nas eleccións do 31 sera candidato para a Asemblea Constituinte. No 36 a guerra o sorprende en Madrid. Pasa a Valencia onde se atopa con Castelao. No 37 reapare ce en Cambados. Pasada a guera será de novo secretario de varios Concellos. Logo estará en Madrid, regresando o final da súa vida a Cambados.
Cadro, descrición de documentos e inventario /Mercedes Fernández-Couto Tella (ARAG)
Posteriormente realízas e a descrición do fondo e as series / Ricardo Axeitos Valiño (ARAG)
Revisión do fondo: Ricardo Axeitos Valiño (ARAG).
Traballos realizados baixo a dirección de: Mercedes Fernández-Couto Tella (ARAG) Inventario: 2002, 05.
Descrición do fondo e as series: 2002, 09.
Revisión do fondo: 2008, 07. Fontes consultadas: Para a biografía: VILAVEDRA FERNÁNDEZ, Dolores (dir.), Diccionario da literatura galega, Vigo, Galaxia, D.L. 1995-D.L. 2000, 3 t. Sobre a historia da custodia do fondo: CAAMAÑO BOURNACELL, José, "Cabanillas enjuici ado por sí mismo", en Boletín da Real Academia Galega, t. 29 (1959), pp. 186-195. Para as unidades de descrición relacionadas: FILGUEIRA VALVERDE, Xosé, O Arquivo do Museo de Pontevedra: guía sucinta, [Santiago de Compostela], Consello da Cultura Galega. Comisión do Patrimonio Histórico, 1991, 83 p., il.
https://arquivo.galiciana.gal/arpadweb/gl/consulta/registro.do?id=364817
und
No arquivo da Real Academia Galega consérvase no fondo Fermín Bouza-Brey un ms. de "Ditos dos vellos" de Cabanillas (signatura: 171 / 03), así como o expedi ente persoal como académico numerario.
No fondo Juan Naya hai tamén unha carta de Cabanillas o mesmo (signatura: 231 / 13). Este fondo
No Arquivo do Museo de Pontevedra hai un fondo documental Ramón Cabanillas con qutógrafos e impresos do poeta, legados pola familia en 1959.
Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 d e 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no art. 56 e 58 dos Estatutos da Real Academia Galega.
Manuel Sánchez Peña
Colección
1 Unidade(s) de instalación
No existen copias
Bibliografía: CABANILLAS, Ramón, "Para los correligionarios", en Obras completas II, Xesú s Alonso Montero, ed. lit., Madrid, Akal, 1979, pp. 445-454.
Historia archivística: O conxunto de cartas de Cabanillas dende Cuba, pertenceron a Caamaño Bournacell, que as obtivo da familia do destinatario.
TEXT
(unknown)
(unknown)