1635-1767
Alcance y contenido: O preito co conde de Lemos pola propiedade dos montes de Feans, en san Vicenzo de Elviña contén:
- demarcación do couto de Vilaboa e feligresia de Elviña
- copias dos privilexios da cidade da Coruña e as súas confirmacións
Aconpaña Real Provisión sobre costas por xuízo
Compra
Historia institucional o biografía: Dominga Rodríguez de Aldao, filla de Antonio Paseiro e Inés Pérez casou con Rodrigo Álvarez Becerra, el mozo, no ano 1685, ela aportou os seus bens e os pertencentes al vínculo creado en 1661 pola súa irmá Catalina que estaba casada con Bartolomeu de Veira.
Por outra banda Rodrigo Álvarez Becerra, o maior, creou vínculo sobre os seus bens e oficios (escribano de millóns e das Xuntas do Reino e Deputacións) que herda a súa irmá Mª Amorosa López de Corujo, que sería ademais herdeira dos bens da familia Morado (Sebastián Morado e María Martínez), nai de Rodrigo Álvarez Becerra (el mozo). Do matrimonio deste con Dominga Rodriguez de Aldao nacio Bernardo Álvarez Becerra, que casou con María Manuela del Río, neta de Juan del Río, señor de Suevos, polo seu matrimonio con Benita del Río, fundadores da capela de san José, en santa María de Pastoriza, e benefactores do santuario do mesmo nome. A súa filla María Bernarda Álvarez-Becerra del Río casou con Juan Antonio del Río, deste matrimonio naceron Bernardo, Juan Antonio e Pedro. Bernardo que herdo o titulo de Señor do coto e xurisdición de Suevos, caso con Mª de la Aurora Ozores, o seu fillo Ramón del Río Ozores casou con Josefa Paula Beade e a filla deste matrimonio, Mª Aurora del Río Beade caso o 5 de agosto de 1847, con José Gaspar Bermúdez de Castro, nacido en Ferrol, terceiro fillo do matrimonio de José María Bermúdez de Castro e Mª del Carmen Mosquera, entroncando coa familia Bermúdez de Castro
Como a documentación chegou totalmente desorganizada, baseámonos no cadro de clasificación proposto por Olga Galego no seu "Manual de Archivos Familiares" e o libro "Archivos Nobiliarios: cuadro de clasificación" de Rosario García Aser e Aránzazu Lafuente Urién.
Ana Rosa González Díez
https://arquivo.galiciana.gal/arpadweb/gl/consulta/registro.do?id=414491
und
spa
Dado o carácter de arquivo familiar e a súa extensión no espazo e no tempo, moitos documentos relacionados co fondo están espallados noutros arquivos privados o públicos.
Tamén é posible a existencia de documentos relacionados no fondo da Real Audiencia, no Arquivo do Reino de Galicia.
Unicamente limitada polo estado de conservación dos documentos
Está suxeita ás taxas e prezos públicos fixados o 14 de setembro de 1995 polo Concello na sua Ordenanza nº 32, reguladora do prezo público por prestación de servizos e utilización de instalacións culturais, educativas e análogas de titularidade municipal.
Preitos por posesións
Unidad de localización
No existen copias
Arquivos notariais
Instrumentos de descripción: Inventario
Publicaciones: Daviña Sáinz, Santiago. Los Milagros de Nuestra Señora de Pastoriza y otras noticias de su Santuario. A Coruña, 2006
Daviña Saínz, Santiago. Noticias históricas del Archivo Municipal de La Coruña, los milagros de Nuestra Señora de Pastoriza y otras noticias de su santuario. En: Nalgures. Asociación cultural de estudios históricos: A Coruña, 2006 T. III, pp. 43 - 156
Bibliografía: Odriozola y Rico-Avello, Carlos de. Los Aldao, Bermúdez de Aldao y Bermúdez de Castro, señores de la fortaleza de Gondar. Separata de: Anales de la Real Academia Matritense de Heráldica y Genealogía. vol. IX (2005-2006)
Historia archivística: O fondo foi vendido por un membro da familia a un comerciante de documentos e libros antigos. O comprador introduciu en cartafoles de plástico transparente cada documento desfacendo toda a posible organización inicial. A cada documento adxudicoulle un valor económico, Grazas ao historiador Xosé Ramón Barreiro Fernández, este comerciante púxose en contacto co Arquivo municipal. A partir de aqui o Concello xestionou a súa adquisición.
En orixe a documentación estaba organizada en atados cunha numeración dentro de cada un. No caso da casa da Misericordia habia tres atados un con escrituras de compravenda, cesión e permuta; outro coas de arrendamento e foros, e o terceiro con documentación relativa a preitos, recoñecemento, tasación de bens .., cunha cuberta en papel ou en pergameo, que contén o número, a data e un resumo do contido.
Respecto da documentación da familia del Río, Bernardo del Río realizara unha primeira organización contorna al ano 1773, con anotacións da súa propia man. En 1849, con José Gaspar Bermúdez de Castro, marido de Aurora del Río Beade, procédese a coser as escrituras agrupandoas por lugares e en 1886 reorganízase o arquivo dando unha nova numeración e tentando unificar a de todas as casas ou familias.
Para a venda desfíxose toda a organización, descosiendo e mesturando a documentación en moitos casos escritura por escritura e documento por documento, polo que o fondo chego totalmente desorganizado
Intentouse recuperar a organización, hasta donde foi posible, seguindo as numeracions dos anos 1849 e 1886.
Arquivo Municipal da Coruña
TEXT
(unknown)
(unknown)