1915-03-01
Alcance y contenido: Plano enteiro de varios asistentes aos actos conmemorativos do 7º cabodano da morte de Manuel Curros Enríquez, diante do muro do cemiterio de San Amaro, na Coruña. No primeiro plano Manuel Murguía, de pé, coas mas cruzadas detrás das costas, con abrigo longo e chisteira. Detrás del tres homes con chapeu. Á dereita dúas nenas ollan cara a este grupo. Á esquerda dúas mulleres camiñan afastándos, unha delas xira a cabeza para ollar a escena. Detrás o muro do cemiterio. Inscrición sobre a fotografía: "8-3-1915".
Doazón. Murguía de Castro, Gala19640117
Para a datación das fotografías, naqueles casos correpondentes a obras de fotógrafos galegos, empregouse o Banco de Documentación de Fotógrafos de Galicia "Almacéns do tempo", obra de Xosé Vijande: http://www.almacensdotempo.com/ (data de última consulta, 09/03/2010]
Historia institucional o biografía: Nace o 17 de maio de 1833 no lugar de Froxel, no concello de Arteixo, na Coruña. Estuda en Santiago o bachalerato en Filosofía que remata en 1851. Neste mesmo ano marcha a Madrid para estudar Farmacia, estudos que abandona para centrarse na historia e cultura galega. Casa en 1858 con Rosalía de Castro coa que terá 7 fillos. No ano 1859 o matrimonio abandona Madrid e pasa a vivir en Santiago onde dirixe "El diario de la Coruña". En 1865 publica as primeiras entregas da "Historia de Galicia" onde expón as súa teoría sobre a identidade galega. En 1868 ingresa no Corpo de Arquiveiros e obtén destino en Simancas onde permanecerá dous anos, pasando en 1870 ao Arquivo Xeral de Galicia. No ano 1879 marcha de novo a Madrid onde dirixe as revistas "La Ilustración Gallega y Asturiana" e algo máis tarde "La Ilustración Cantabrica". No ano 1894 chega de volta a A Coruña, o seu derradeiro destino. Xubílase en 1905, pero non queda inactivo. No ano 1906 é nomeado presidente vitalicio da Real Academia Galega e no ano 1913 publica o tomo V da Historia de Galicia. Morre na Coruña en 1923.
Descrición do fondo / Mercedes Fernández-Couto Tella (ARAG) Traballos realizados baixo a dirección de: Mercedes Fernández-Couto Tella (ARAG)
https://arquivo.galiciana.gal/arpadweb/gl/consulta/registro.do?id=463066
und
spa
Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 d e 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no art. 56 e 58 dos Estatutos da Real Academia Galega.
Conmemoración do 7º cabodano da morte de Curros Enríquez
Ilustraciones y Fotos
1 Fotografía(s). 1 positivo, 85 x 113 mm, papel, xelatina DOP
1 Fotografía(s)
No existen copias. S-8-15
Publicaciones: Instantes dunha vida: [Catálogo da exposición dedicada á figura de Manuel Murguía], A Coruña. Deputación Provincial da Coruña, Concello de Arteixo, 2000.
Bibliografía: INSTANTES dunha vida. Concello de Arteixo, 2000 DURAN, J. A. A loita pola vida 1833-1923. Conflictos e tenruras de Manuel Murguía. RAG, 1999. Manuel Murguía unha fotobiografía. Xerais, 2000
Exposiciones: « »Instantes dunha vida: [Exposición dedicada á figura de Manuel
Murguía],
A Coruña, Concello de Arteixo, maio do 2000. Comisarios: Patricia Penélope
Fernández Martínez e María Fernández-Cabrera Massé.
Historia archivística: Gala Murguía, a filla pequena de M. Murguía, deixa en disposición testamentaria os papeis do seu pai á RAG, onde permanecen dende o ano 1964. A documentación queda na maleta na que foi trasladada até o ano 1994 en que Antonio Gil Merino fai un pequeno inventario das 16 caixas que compoñen o fondo e o instala no despacho do bibliotecario. No ano 1998, X. L. Axeitos Agrelo reorganiza, instala e ordena o fondo; primeiro nun despacho do 4º andar e máis tarde, sendo xa académico, o traslada ao 2º piso onde permanece até abril de 2013. Durante estes anos se lle xunta documentación allea: parte dela existente na Academia e outra de nova adquisición. No ano 2013, é da man de Ricardo Axeitos que a recolle do despacho do secretario, ingresa a documentación no depósito do Arquivo.
Arquivo da Real Academia Galega
IMAGE
(unknown)
(unknown)