1960-1969
Alcance y contenido: Plano curto da rúa da Alameda, na cidade da Coruña, tomado dende o seu cruce coa rúa Durán Loriga. A estreita calzada transcorre entre edificios bastante altos. No fondo enxérgase unha palmeira dos xardíns dos Cantóns. Na beira dereita en primeiro plano, a esquina dun edificio, en cuxo baixo hai un estanco, decorada cun remate de ferro. Nesa esquina está situada a placa indicativa da rúa Durán Loriga. Cara a metade da rúa un edificio en obras. Na beira esquerda coches aparcados. Cara a metade hai un edificio de dous andares con galerías brancas.
Doazón. Naya Pérez, Juan19930201
Historia institucional o biografía: Juan Naya Pérez nace na Coruña no ano 1914. Dende neno vive vencellado á Re al Academia Galega, supervisando a súa educación César Vaamonde Lores.
No ano 1935 fai a súa primeira publicación en El Ideal Gallego, iniciando a súa carreira como xornalista. En 1940 comeza a colaborar con La Voz de Galicia, nun primeiro momento baixo o pseudónimo Martín de Sésamo. Despois de 35 anos de traballo continuado neste xornal, xubilarase voluntariamente como xefe de sección, no ano 1976. Durante todos estes anos colaborou diariamente con sección s como: Hace 50 años, Granos de Arena, Efemérides,Una mirada hacia atrás, Peneiran do, Palique, Estampas Gallegas, etc.
Dende o ano 1942 será académico correspon dente da Real Academia Galega, e a partir do 1947 arquiveiro-bibliotecario da mesma.
En 1961 nomearano Cronista Oficial da Coruña. Ademais, durante catro anos (1966-1979) pasa a dirixir o Boletín de Información Municipal del Ayuntamie nto Coruñés.
Ao longo da súa vida, desenvolve numerosos cargos e funcións, dentro dos cales podemos citar os seguintes: académico correspondente da Real Academia de Belas Artes de San Fernando; académico numerario da Real Academia de Belas Artes da Nosa Señora do Rosario (1968), e secretario perpetuo da mesma; membro de número e tesoureiro do Instituto de Estudios Coruñeses "José Cornide"; secretario do Centro Cultural Herculino; vocal do Coro Cantigas da Terra; biblio tecario da Reunión de Artesanos; tesoureiro e vicepresidente da Asociación de Prensa da Coruña; vicepresidente da Asociación Cultural Iberoamericana; delegado en Galicia e socio de honra do Centro Coruñés en Montevideo; delegado de España no Centro Galego de Buenos Aires;. presidente da Coral Polifónica Follas Novas (.1951-1967); conselleiro asesor do Patronato Rosalía de Castro; socio efectivo da Sociedade Martins Sarmento de Guimaraes (Portugal); presidente de mérito do Centro Galego de Madrid; socio efectivo da Asociación Internacional para o Progreso da Cultura (Roma); vocal e tesoureiro do Patronato do Museo Histórico -Arqueolóxico da Coruña
Entre os diferentes premios e mencións que recibiu podemos destacar o primeiro premio xornalístico conmemorativo do centenario do nacemento de Andrés Martínez Salazar, instituído pola RAG. (1946); o primeiro premio ao estudio biobibliográfico sobre Martínez Salazar en colaboración con Pedro de Llano (1946); o primeiro premio do concurso promovido polo Concello de Cedeir a para conmemorar o centenario da morte de Pascual López Cortón (1978) ou o primei ro premio do concurso xornalístico conmemorativo do milenario do monasterio de Sobrado (A Coruña, 1959).
Como colaborador en diferentes xornais e revista s, ademais das máis extensas e xa mencionadas con "El Ideal Gallego" e "La Voz de Galicia", atopamos as realizadas na revista Galicia do Centro Galego de Buenos Aires como coordinador, no Boletín da RAG., na revista de Estudios Coruñe ses "José Cornide", na revista da Real Academia de Belas Artes da Nosa Señora do Rosario, na Revista Coruña (dirixida por Regino Barbeito), ou nos diferentes xornais galegos publicados en América
Morre na Coruña no 1993.
Descrición e instalación do fondo: Nélida Cosme Abollo (ARAG).
Trabal los realizados baixo a dirección de: Mercedes Fernández-Couto Tella (ARAG)
https://arquivo.galiciana.gal/arpadweb/gl/consulta/registro.do?id=463596
und
spa
glg
Arquivo da familia Naya (privado).
Non está permitido ata o 2043.
Rúa da Alameda
Ilustraciones y Fotos
1 Fotografía(s). 1 positivo, 179 x 116 mm, papel, xelatina DOP
1 Fotografía(s)
No existen copias. M-8-53
Publicaciones: NAYA PÉREZ, Juan (1975): Calles y plazas coruñesas. vol. II. A Coruña, [s.n.]
Historia archivística: Retirados en marzo do 2002 17 caixas que contiñan correspondencia e documentación persoal asi como artigos xornalisticos e as notas de Historia de la ciudad dela Coruña y calles y Plazas de la Coruña. Levounas Raul Naya neto de Juan Naya.
Arquivo da Real Academia Galega
IMAGE
(unknown)
(unknown)