1401-1996
Alcance y contenido: Como é propio nos arquivos familiares, a documentación máis abundante é a que se pode adscribir á sección de Patrimonio, tanto no relativo a títulos como a administración da propiedade. Atopamos así escrituras de venda, foro, arrendamento e doazón, libros cobradores de rendas, contas, executorias, recibos, árbores xenealóxicas, testamentos, certificacións de nacemento e de defunción, partillas, inventarios de bens, expedientes persoais, actas de consellos de familia ou correspondencia. Son tamén proporcionalmente abundantes no conxunto os arquivos individuais de diversos membros da familia. Entre eles destacan os documentos de función, como os expedientes de administración de propiedades, e os de carácter persoal, entre os que sobrancea unha interesante obra manuscrita redactada a modo de “diario” por Manuel Villarino Vázquez e titulada Memoria de una Buena Amistad na que narra a súa relación co conde de Torrenovaes, ou a correspondencia política de Eduardo Vilariño Madalena.
Existe tamén algún impreso no conxunto, como o titulado Aranceles de Aduanas de las Islas Filipinas, aprobados por decreto del Gobierno Supremo de 27 de abril de 1874, publicado en Manila, en 1884. En canto ao ámbito xeográfico, de forma maioritaria os documentos están referidos á vila e concello de Noia, Lousame, Santiago de Compostela e outros concellos próximos, da provincia da Coruña: Ames, Arzúa, Boqueixón, Buxán, Carballo, Carbia, Cerceda, Conxo, Enfesta, Frades, Mesía, Ordes, Padrón, O Pino, Rois, Sada, Teo, Tordoia, Touro, Trazo, Vedra… pero tamén atopamos algúns documentos que ilustran o paso dalgúns membros destas familias por Cuba, Filipinas ou México.
Doazón
Historia institucional o biografía: Como outros grupos familiares, a familia que dá nome a este fondo documental conformouse ao longo de varios séculos por agregación de diferentes ramas. Vinculada á vila de Noia e a apelidos de ascendencia rioxana coñecidos pola súa actividade empresarial (De Andrés, Moreno), poderiamos dicir que xa no século XIX a familia está plenamente integrada na sociedade compostelana. O exercicio de actividades profesionais, intelectuais ou políticas, a participación en empresas mercantís ou industriais e, como complemento, a adquisición e administración de rendas territoriales constituíron as dedicacións principais de moitos dos seus membros, entre os que destacamos a José de Andrés Moreno -administrador e albacea testamentario do marqués de Monroy-, Eduardo Vilariño Magdalena -catedrático de Dereito Natural desde 1898, avogado de notoriedade e político vinculado ao partido liberal- ou a Camilo Pintos Reino -nado en Santiago en 1867, profesor de anatomía e director de diversos balnearios, como os de Mondariz ou Arteixo.
Descrición realizada por María Dolores Vázquez González e Ana Fresco Santalla, coordinadas por Concepción García García.
https://arquivo.galiciana.gal/arpadweb/gl/consulta/registro.do?id=471975
und
O acceso aos arquivos e rexistros administrativos é un dereito contemplado pola Constitución Española de 1978 (artigo 105, b). Este dereito, que ten as restricións establecidas na Constitución e nas leis, está regulado con carácter xeral pola Lei 30/1992, de 26 de novembro, do Réximen Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común -no que afecta á documentación administrativa- e pola Lei 16/1985, do 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español -no que afecta á documentación histórica.
Estas restricións froito dunha busca do equilibrio con outros dereitos protexidos na constitución como os que afectan á seguridade, honor, intimidade da vida privada ou familiar ou imaxe das persoas, os segredos oficiais, ou a propiedade intelectual están reguladas por outras normas legais específicas.
O exercicio do dereito de acceso comprende a consulta dos documentos e da información neles contida e a obtención de copias e certificados. Poderán facerse as solicitudes directamente na sala de lectura ou por medio de correo electrónico, correo postal, fax, teléfono ou internet. Por razóns de conservación poderá restrinxirse a consulta de documentos orixinais
. Normativa: Aínda que se trata de documentos de carácter privado, ao estar depositada nun Arquivo de titularidade pública, adquiren a condición de Bens de Interese Cultural (art. 50 da Lei 8/1995, de 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia e 60 da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español), pasando a gozar así do réxime de protección establecido nesas normas.
A reprodución de documentos está suxeita á Lei 6/2003, de 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, e polo Decreto 320/1992, de 12 de decembro, polo que se fixan os prezos percibidos pola Xunta de Galicia, para os arquivos e museos xestionados pola Xunta ou de titularidade autonómica. Igualmente a publicación dunha reprodución debe ser autorizada, devengando o prezo público establecido no devandito Decreto ( artigo 5).
Familia Vilariño Pintos
Colección
18 Unidade(s) de instalación
No existen copias
Historia archivística: O fondo ingresou no Arquivo de Galicia en dous momentos diferentes. Recibiuse unha primeira remesa o 18 de novembro de 2009, que sería aceptada de forma oficial polo Decreto 120/2010, do 1 de xullo (DOG núm. 138, do 21 de xullo). O 7 de xaneiro de 2010 entrégase a segunda parte, que sería aceptada polo Decreto 64/2011, do 24 de marzo (DOG núm. 69, do 7 de abril).
TEXT
(unknown)
(unknown)