1720-1832
Alcance y contenido: Este fondo conta con tres series documentais; a de Expedientes de solicitude é a máis voluminosa.
Transferencia19821116
Historia institucional o biografía: A xurisdición de Caaveiro conta cun xuíz e xustiza ordinaria que entende en primeira instancia os negocios civís e criminais e tamén cun xuiz de residencia e xustiza ordinaria da vila e xurisdición de Cabanas. Como autoridade máxima nas vilas que non eran cabeza de partido, ademais da súa función xudicial tamén exercía funcións de goberno.
Esta configuración cambia cando entra en vigor o Decreto da Suprema Xunta de Goberno de Galicia do 3 de marzo de 1820, que divide a provincia en 47 partidos e establece un xulgado de primeira instancia en cada un deles.
Seguindo co proceso reestruturador, o Decreto do 5 de marzo de 1820 suprime os xulgados ordinarios ou de primeira instancia do foro ordinario e conserva unicamente os de cabeza de partido. Desde o momento en que toman posesión os xuíces dos partidos, cesan os corrixidores, alcaldes, meiriños, xuíces e aqueles que viñan administrando xustiza en primeira instancia.
Pero cando remata o Trienio Liberal, todo volve á situación anterior. Haberá que esperar ata 1834 para que desaparezan coutos e xurisdicións. Así, o Real decreto do 21 de abril dese mesmo ano ordena que cesen todos os alcaldes ordinarios e que os procesos e os expedientes que teñan abertos llelos remitan aos xuíces letrados das cabezas de partido (neste caso, ao de Pontedeume).
Descrición realizada por María del Rosario Torreiro Martínez, baixo a dirección de Mª del Carmen Prieto Ramos
https://arquivo.galiciana.gal/arpadweb/gl/consulta/registro.do?id=1327952
spa
Xulgado da Subdelegación de Rendas de Ferrol, Xulgado da vila de Ferrol e da Graña, Documentación notarial, Colección de documentos en pergamiño, Colección documental de César Vaamonde Lores, Xunta Superior de Armamento, Subsidios e Defensa de Galicia
Acceso libre en xeral.
A reprodución da documentación deste fondo está suxeita ás seguintes disposicións:
- Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
- Orde do 31 de agosto de 2010, pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia.
Xurisdición de Caaveiro
Colección
1 Unidade(s) de instalación compartida(s)
Non existen copias
Publicaciones: QUIROGA BARRO, Gabriel: Imaxes da xustiza en Galicia: cartografía e iconografía nos fondos documentais da Real Audiencia de Galicia e Audiencia Territorial da Coruña. Santiago de Compostela: Dirección Xeral de Patrimonio Cultural, 1998
Historia archivística: A chegada destes documentos ao Xulgado de Ferrol explícase no expediente de execución do Decreto da Suprema Xunta de Goberno de Galicia do 3 de marzo de 1820 (5143/12). O novo decreto establecía a obriga de construír ou dedicar unha peza para arquivo na capital cabeza de partido; nesa peza debíanse gardar todos os procesos civís e criminais correspondentes ás vilas, xurisdicións e coutos indicados, ademais dos protocolos dos escribáns que falecesen no seu distrito, con formal lista duns e doutros, con expresión do seu estado e foliación (fol. 3). O decreto tamén dispuña, no seu artigo 11 (fol. 6), que unha vez que o xuíz tomase posesión do seu cargo, debía obrigar os escribáns a entregar no xulgado os procesos civís e criminais do seu partido; e os que pertencesen a outro, ao xulgado correspondente.
Na xurisdición de Caaveiro traballaba o escribán Pedro Benito Meigide de Laxe, que no ano 1762 aparece como veciño de Ferrol: por iso, é posible que a súa documentación fose entregada polo seu sucesor en 1820 e con ela viñesen mesturados estes expedientes xudiciais que deberan pasar a Pontedeume.
TEXT
(unknown)
(unknown)