1550-1650
Alcance y contenido: Deste fondo só chegou un expediente de apeo en moi mal estado.
Transferencia
Historia institucional o biografía: Descoñécese a data da súa fundación, anterior ao ano 655, cando o bispo Ermefredo de Lugo restaura o mosteiro e a súa vida monástica baixo a regra de San Frutuoso. Destruído durante a invasión árabe, volve funcionar no ano 760. Este mosteiro acolle a Afonso II o Casto, que no ano 811 confirma as doazóns feitas polo seu pai aos monxes que no século X pasan a guiarse pola regra de San Bieito. As doazóns van aumentando ao longo do tempo, non só por parte dos reis, senón tamén dos nobres. Ademais, convértese nunha parada obrigada para os peregrinos que van a Santiago; alí poden descansar e recuperar as forzas ao amparo dos seus muros.
No século XVI ingresa na Congregación da Observancia de Valladolid e comeza a súa etapa de esplendor: nel aloxaríanse importantes personaxes da realeza e da nobreza. A súa capacidade económica reflíctese nunha importante biblioteca fundamental para o estudo dos seus monxes, como por exemplo Benito Jerónimo Feijoo.
O século XIX comeza mal para este cenobio, convertido en hospital militar durante a invasión francesa, e pasados uns poucos anos, a Desamortización de Mendizábal e posterior exclaustración acabaron coa vida conventual ata a súa volta en 1880.
https://arquivo.galiciana.gal/arpadweb/gl/consulta/registro.do?id=1701267
und
Mosteiro de San Xulián de Samos
Colección
1 Unidade(s) de instalación compartida(s)
Non existen copias
Historia archivística: Os fondos dos mosteiros e conventos desamortizados da provincia da Coruña ingresaron no ARG en virtude dunha orde ministerial do 10 de novembro de 1887, probablemente executada en 1888. Anteriormente, e desde o momento da exclaustración, a documentación permaneceu en dependencias públicas e incorrectamente custodiada. Antes de 1851 estiveran en Galicia os comisionados da Academia da Historia e recolleran moitos documentos relevantes para a historia de Galicia.
TEXT
(unknown)
(unknown)