1962-1997
Alcance y contenido: : O fondo está formado por un conxunto documental moi diverso: convenios, actas de reunións, correspondencia, circulares, comunicados, congresos, comités, panfletos, etc. Nestes documentos quedan reflectidas as actividades do sindicato e do partido e a súas repectivas posicións ante diferentes acontecementos.
Doazón
Historia institucional o biografía: Manuel Amor Deus naceu en Ferrol o 16 de febreiro de 1941 nunha familia humilde. Con catorce anos entrou como aprendiz na Empresa Nacional de Bazán, onde comezou o seu compromiso político nos anos sesenta, talvez levado pola duras condicións nas que os traballadores desempeñaban as súas tarefas. A morte dun compañeiro en accidente de traballo foi o que o motivou para unirse á loita contra Franco. Neses anos, participou no primeiro conflito na fábrica e na súa cidade. Seguindo as directrices do Partido Comunista e das ilegais Comisións Obreiras, presentouse como candidato e resultou elixido. A causa dos acontecementos do 10 de marzo onde morren dous traballadores e resultan decenas de feridos, Amor Deus é encausado polo Tribunal de Orden Público e por un consello de guerra, condenándoo a varios anos de prisión. Desaparecido o ditador, as mobilizacións populares lograron a amnistía e Manuel Amor é liberado en 1976, reincorporándose á loita pola liberdade y á transformación do movemento das comisións obreiras nun sindicato. En xuño de 1978 foi elixido como o primeiro Secretario Xeral do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia. Despois de abandonar as responsabilidades sindicais reintegrouse ao seu posto de traballo en Bazán, ata que en 1992 foille concedida a invalidez total permanente: foi diagnosticado de asbestose, unha enfermidade contraída polo contacto co asbesto nos estaleiros. Morreu o 26 de xuño de 2007, vítima dun cancro de pulmón.
https://arquivo.galiciana.gal/arpadweb/gl/consulta/registro.do?id=1706157
spa
glg
Documentos de libre acceso
Manuel Amor Deus (1941-2007)
Colección
31 Caixa(s)
Papel
Historia archivística: O fondo documental de Manuel Amor Deus forma parte do Arquivo da Fundación 10 de marzo, no que ingresou por doazón
TEXT
(unknown)
(unknown)