Eduardo Diehl de Souza naceu na Coruña no ano 1910 e morreu na mesma cidade o 12 de setembro de 1992. Foi un dos grandes dinamizadores da cultura coruñesa do século pasado. Fillo dun francés chegado á Coruña para montar a instalación electrica da Fábrica de Gas y Electricidad e que pouco tempo despois casa cunha coruñesa, A familia instalase na rúa Matadero. O pai e chamado a filas na I Guerra Mundial e no ano 1916 a familia marcha a Francia para reunirse co proxenitor. No ano 1918 volven á Coruña. Aos13 anos a súa prima e madriña, Conchita García de Souza, iníciao na música, formación está que será ampliada por Alberto Garaizabal, organista da Igrexa do Sagrado Corazón da Coruña. Durante os anos 30 foi pianista no salón Variedades e tamén en cafés como Puerto Rico e Moderno entre outros, o que o fixo moi popular na Coruña. Na II Guerra Mundial, é debido a súa doble nacionalidade hispano-francesa, é movilizado. Capturado, estivo preso nun campo alemán, no Báltico, onde compuxo Berceuse. No ano 1945 regresa á Coruña e actúa como pianista no club social La Solana, a onde volverá despois dun paréntese na cancillería do consulado francés. Nos anos 50/60 é nomeado director musical do concurso Trampolín de la Fama e tamén é pianista no concurso radiofónico Desfile de Estrellas de Radio Nacional de España (RNE). Nesta época colabora con Antonio de Santiago “Nito” nos afamados Apropósitos. Participa tamén, nesta época, na Coral Polifónica El Eco. O bolero galego Morriña é a súa obra máis coñecida. Escrita orixinalmente en castelán foi traducida máis tarde ao galego, por presión popular. A letra era de Feliciano Blanco e a tradución fíxoa Leandro Carré. Tamen á peza Nunca Máis pusolle letra Leandro Carré e a grabou ao piano con María Uriz. En 1960 recibe o 1º Premio no Festival da Canción Galega de Pontevedra con La Virgne de la Peregrina. Casou con Elisa Rodríguez Gantes, soprano da La Lírica Coruñesa e pertence tamén a unha familia vinculada á música. Deixou unha ampla obra musical que, posiblemente, supere as 1000 pezas e que foi premiada en varias ocasións.
Eduardo Diehl morre viuvo e sen fillos e deixa como herdeira a unha sobriña, Mercedes Diehl Blanco (Chiruca). Mercedes estaba casada con Manuel Regueiro, tenor na coral de El Eco. O home escolleu da herdanza o que máis lle conviña e cedeulle o resto no ano 1995 a Pablo Carballido, tenor de ópera , profesor de música e director do coro Cantabile, na Coruña.
Descripción de la forma de ingreso: Pablo Carballido del Camino
Forma jurídica del ingreso: Doazón
Partituras musicais
Textual
No arquivo da SGAE constan máis de 100 obras da súa autoría. Fernando Gónzalez de Santiago, particular, conserva o arquivo do seu avó Antonio de Santiago "Nito" onde hai obras de Diehl
No existen copias
A Voz de Galicia: 17 de xuño de 1982 4 de novembro de 1990 13 de setembro de 1992 20 de setembro de 1992 1 de decembro de 1994 9 de marzo de 2001 6 de febreiro de 2003
Utilizou os seudonimos: A doazón inclúe a biblioteca, especializada en música.
Descrición realizada por: Mercedes Fernández-Couto Tella (ARAG), 2014