Luís Manteiga nace en Santiago de Compostela o 30 de xullo de 1903 e morre o 25 de maio de 1949 en Santiago. Ten unha nenez marcada polo frio e maila fame. Comeza a traballar moi novo e desempeña gran variedade de ocupacións: empregado nun comercio de tecidos en Santiago, nunha tenda de gramófonos en Lugo, profesor nunha academia en Ourense, no Hospital Militar de San Caetano, etc. Non realizou, que se saiba, estudos de bachararelato. Gran lector e cunha boa cultura forma parte dos faladoiros do Café Español, da libraría Nike e da editorial Nós. Asesorou lingüisticamente en Lugo, xunto con Francisco Lamas, a Lorca no seu primeiro poema galego. Grande amigo de Seoane e Cuadrado. Seoane publicou en 1956, en Galicia Emigrante, parte dos seis ensaios de Manteiga sobre a paisaxe galega que serán publicados por I. Díaz Pardo cincuenta anos máis tarde. Progresista, simpatizante da Revolución Soviética. Publica artigos en Guión, Resol, Nós, Yunque, El Pueblo Gallego, A Nosa Terra e no suplemento do sábado de La Noche; tamén en Nosotros, de Madrid e foi un dos directores do semanario antifacista compostelán Claridad. Utilizou os pseudónimos de Sergio Ivaguín e Abel Quijano. Deixa inéditas varias novelas en castelán, entre elas Zabulón, mundo cerrado, finalista no premio "Nadal" de 1945.
Segundo Laura Tato Fontaíña, Pilar Manteiga encomenda ás súas amigas e protectoras, Mª Carmen Varela e Josefina Sueiro unha maleta que conservaba "papeis"do seu irmán; estas trasladaron a encomenda á súa filla e sobriña Adelaida Lorenzo Sueiro que se presentou perante Díaz Pardo cun feixe de obras entre as que estaban as dez obras teatrais que xunto coas novelas, poesías e algún outro escrito son os que chegaron á RAG.
Descripción de la forma de ingreso: A caixa 110 foi doada por Carlos Martínez Barbeito o vinte e dous de setembro de 1952. As caixas 358-366 están cedidas en depósito, desde o dezaseis de xuño de 2005, grazas a Adelaida Lorenzo Sueiro e Emilio Cameo Chenlo. Eles mesmos, amplían o depósito con máis orixinais mecanoscritos dos xa existentes no fondo o 29 de febreiro do 2024
O fondo componse dos manuscritos literarios (obras de tearro, novelas, contos, artigos e algunha poesía) de Luís Manteiga. Hai tamén varios recortes de prensa con artigos do propio Manteiga e doutros autores. Finalmente consérvase tamén neste fondo unha carta de Aquilino Iglesia Alvariño.
Para organizar o fondo empregouse o cadro de clasificación elaborado polo arquivo da Real Academia Galega para os fondos persoais e familiares, realizado a partir do cadro proposto por Olga Gallego na súa obra "Manual de archivos familiares" (1995), tendo tamén en conta o cadro proposto pola "Sección Nobleza" do AHN. O cadro de clasificación resultante é o seguinte: 02.15.4. Función privada 02.15.4.1. Orixinais literarios
Documentación de libre acceso, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 de 25 de xuño do Patrimonio Histórico Español, o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro do Patrimonio Cultural de Galicia, así como polo estipulado no art. 56 e 58 dos Estatutos da Real Academia Galega.
Existen copias: Existe fotocopia de "Branca: drama curto" (sign. 110/1), "O couso" (sign. 1 10/2), "Zabulón" (sign. 110/3), "Apocalipsis" (sign. 110/5), "Sevilla en los labios" [366/22].
Varios manuscritos do fondo están editados en: MANTEIGA, Luis, Lugares y caminos: paisaje en Galicia, Ediciós do Castro, 1989 MANTEIGA, Luis, Teatro galego, ed. de Laura Tato, Sada, Ediciós do Castro, 2003 MANTEIGA, Luis, Intres 1934-1935, ed. Manuel Ferreiro, estudo Laura Tato, Sada, Ediciós do Castro, 2005
Cadro, descrición de documentos e inventario /Mercedes Fernández-Couto Tella (ARAG) Posteriormente describese o fondo / Ricardo Axeitos Valiño (ARAG) e Jacobo M.Caridad (ARAG). No ano 2005 recíbense 9 caixas con mss. que son instaladas, inventariadas e engadidas á descrición do fondo por Mercedes Fernández- Couto Tella Traballos realizados baixo a dirección de: Mercedes Fernández-Couto Tella (ARAG) Caixa 110 Inventario: 1999 Revisión do inventario: 2001, 05. Descrición do fondo e series: 2002,09. 2024,03. Caixas 358-366, 653-657. Instalación, inventario e descrición do fondo, 2005, 06, 16/2024,03,15.