Pascual Veiga Iglesias (Mondoñedo, 9/04/1842; Madrid 12/07/1906). Músico e director de orfeóns. É o autor da música do himno galego. Fórmase como músico na catedral de Mondoñedo, de donde marcha en 1864 para establecerse na Coruña. Alí casa en 1865 con Clotilde Valenzano García, filla de Valenzano, italiano de orixe, músico e construtor de instrumentos de corda. Terán oito fillos, todos nados na cidade herculina: Julio, Pascual, Adolfo, Adela, Augusto, María, Blanca e Emilio Veiga Valenzano. Na Coruña fundará e dirixirá un bo número de orfeóns, especial mención merecen o Orfeón Coruñés e o Orfeón Coruñés num. 4, co que gana en 1889 o concurso orfeónico da Exposición Universal de París. En 1896 trasládase a Madrid ao ser nomeado por mediación de Linares Rivas profesor do Conservatorio Nacional de Música. E nesta cidade permanecerá ata a súa morte. En 1912, os seus restos son trasladados a Mondoñedo .
A documentación do fondo pertenceu a Augusto Veiga Valenzano (1868-?), fill o do compositor, emigrado a Arxentina. Posteriormente pasou ás mans da súa neta María Pilar Veiga González.
Descripción de la forma de ingreso: O fondo foi doado por María Pilar Veiga González, en representación dos seu s irmáns, Luís Niclolás e Elvira Encarnación, á Real Academia Galega. 2001, 10, 27.
Forma jurídica del ingreso: Doazón
O fondo conten documentación persoal de Veiga de diversa tipoloxía, partituras manuscritas da súa autoría e algunhas dos seus fillos Pascual e Julio Veiga Valenzano, así como do seu sogro Matías Valenzano (hai outras cuxo autor está sen identificar), e varias copias de letras para composicións musicais, impresas e manuscritas de diferen tes autores. Outra parte do fondo constitúea a documentación de Augusto Veiga. Inclúe correspondencia deste con Lence-Santar e Alfonso Díaz .
Para organizar o fondo empregouse o cadro de clasificación elaborado polo arquivo da Real Academia Galega para os fondos persoais e familiares, realizado a partir do cadro proposto por Olga Gallego na súa obra "Manual de archivos familiares" (1995), tendo tamén en conta o cadro proposto pola "Sección Nobleza" do AHN. O cadro de clasificación resultante é o seguinte: 02.33.1. Persoal 02.33.1.1. Correspondencia 02.33.1.2. Biográficos 02.33.4. Función privada 02.33.4.1. Actividade intelectual 02.33.4.1.1. Partituras manuscritas 02.33.4.1.2. Orixin ais manuscritos de letras de cancións 02.33.4.2. Actividade profesional 02.33.4.2.1. Certificados, regulamentos e pedimentos 02.33.5. Coleccións 02.33.5.1. Programas impresos de xornadas musicais 02.33.5.2. Follas voandeiras coa publicación das letras das cancións musicadas por Pascul Veiga 02.33.5.3. Recortes de prensa 02.33.5.4. Xornais 02.33.6. Arquivos alleos 02.33.6.1. Augusto Veiga Valenzano
Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 d e 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no art. 56 e 58 dos Estatutos da Real Academia Galega.
No existen copias
No fondo Irmáns de la Iglesia, hai unha carta de Veiga cunha nota autobiogr áfica e no de Eduardo Pondal outra carta de Veiga dirixida a Fontenla Leal. Outros fondos documentais sobre Pascual Veiga, pódense atopar en: Arquivo Municipal da Coruña Arquivo da Colexiata da Coruña Arquivo da Escola de Belas Artes Na Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos, onde se garda un fondo documental do Orfeón Coruñés, fundado por Veiga.
Cadro, descrición do de documentos e inventario /Mercedes Fernández-Couto Tella (ARAG) A partir deste traballo realízase a descrición do fondo / Ricardo Axeitos Valiño (ARAG); colaborou na elaboración do inventario: Fernando López-Acuña López. Traballos realiz ados baixo a dirección de: Mercedes Fernández-Couto Tella (ARAG) Inventario: 2002. 03 Descrición do fondo: 2002, 09.