Bonome Rodríguez, Santiago (Santiago de Compostela, 1901-París, 1995). Escultor. Comeza a súa formación nos talleres de Ribas e de Francisco Asorey na súa Compostela natal. Tras esta primeira etapa pasa por Madrid, Londres e Nova York. A súa escultura, preferentemente tallada en madeira, posúe un realismo cru, áspero, que representa toda a gama das expresións e sensacións humanas. En 1924 obtén un gran éxito na Exposición de Arte Regional Gallego, celebrada en Madrid onde se instala pouco despois. Tamén cultiva o xénero do retrato. En 1928 expón en Madrid e no 1929 en París, onde repite no ano 1936. Despois da Guerra Civil española fixa alí a súa residencia.
Descoñecida
Descripción de la forma de ingreso: Centro Galego de Buenos Aires
Forma jurídica del ingreso: Doazón
Esta colección recolle fotografías de pezas do escultor galego Santiago Bonome, así como unhas imaxes da inauguración da exposición monográfico do mesmo, celebrada en París, nas Galerías D´Art Anciene, no ano 1929.
Iconográfico
No existen copias