Antón Villar Ponte naceu en Viveiro o 2 de outubro de 1881 e morreu na Coruña o 4 de marzo de 1936. Estuda o bachalerato en Lugo e en Santiago onde tamén segue os estudos de Farmacia. Ao rematar establécese en Foz como boticario, e é nesta locaclidade onde iniciará a súa relación coa prensa que será a súa verdadeira vocación. Non se acomoda á profesión e marcha a Madrid onde traballa en El País. En 1909 marcha a Cuba onde traballou como xornalista tanto para medios cubanos como para as publicacións da comunidade galega da illa.
Volveu a Galicia en 1910 onde continuou coa súa labor xornalística. Ao longo da súa vida chegou a traballar en numerosos xornais galegos, entre os que podemos citar "La Voz de Galicia", "El Noroeste" e "A Nosa Terra" da Coruña, "Galicia" e "Pueblo Gallego" de Vigo e "El Heraldo de Galicia" e "La Zarpa" de Ourense.
En 1911 organiza en Viveiro a conmemoración do centenario de Nicomedes Pastor Díaz que tivo moita sona.
En 1916 promoveu a creación das Irmandades da Fala e en 1919 colaborou na formación do Conservatorio Nazonal de Arte Galego. Foi membro do Seminario de Estudos Galegos e da Real Academia Galega. A esta última entidade pertenceu desde 1905 como correspondente e numerario dende 1934.
Foi un dos membros fundadores da ORGA en 1929 e como tal foi deputado nas Cortes Constituíntes de 1931. No ano 1934 incorporouse ao Partido Galeguista polo que volveu a ser elixido deputado en febreiro de 1936, aínda que non chegou a prometer a presentación, pois morreu en marzo dese mesmo ano.
Como escritor destacou polas súa produción teatral. En 1905 editou a súa primeira obra de teatro en galego, "A patria do labrego". Desde entón e ao longo da súa vida continuou escribindo textos dramáticos, entre os que destacou "O Mariscal", obra feita en colaboración con Ramón Cabanillas. Ademais de teatro tamén deixou poemas e narracións publicados na prensa así como textos de propaganda nacionalista.
Antón Villar Ponte e o seu irmán Ramón casaron con dúas irmás, Micaela e Teresa Chao Maciñeira.
2.3 Historia archivística
Descoñecida
2.4 Forma de ingreso
Forma jurídica del ingreso:
Doazón
Descripción de la forma de ingreso:
A documentación do fondo foi doada por Antonio Villar Chao o 28 de Marzo de 1971. Con posterioridade, engadiuse a este fondo un pequeno volume de documentación de Antón Villar Ponte e da súa familia, que pertenceu a Enriqueta Casa, nora do escritor. Esta documentación foi doada por Pepe Carballude o 18 de novembro de 2010.
o 18 de novembro de 2010, Pepe Carballude doou á Real Academia Galega .
3. Área de contenido y estructura
3.1 Alcance y contenido
A maior parte da documentación pertence ás décadas de 1910, 1920 e 1930, anos nos que Villar Ponte desenvolveu a maior parte da súa labor intelectual e política.
Este fondo conserva numerosos manuscritos e notas dos seus traballos ensaísticos, xornalísticos e literarios, entre os que se inclúen poesías, contos, novelas, discursos e obras teatrais. Para o caso do teatro, ademais dos manuscritos e borradores das súas obras tamén se conservan tres fotografías da escenografía de Camilo Díaz Baliño para "O Mariscal".
Como produto das súas actividades desenvolvidas dentro das diversas asociacións culturais e políticas as que pertenceu, existen, no fondo, varios documentos soltos, entre os que sobresaen un censo de representantes da ING, unha proposta para o nomeamento dun Presidente Honorario das Irmandades da Fala, asinada por varias personalidades galegas, e unha proposta para a creación de seccións de literatura, poesía, teatro, etc. na Asociación de Artistas da Coruña.
Outro nutrido grupo de documentos é a colección de recortes de prensa. Nela reúnense moitos dos textos que o propio autor publicou ao longo da súa vida como xornalista profesional, datados dende os seus comezos na prensa local da mariña lucense, pasando polas súas colaboracións na prensa cubana, ata os seus últimos anos de vida. Ademais tamén hai recortes con artigos e noticias sobre o escritor de Viveiro.
Hai, tamén, documentos persoais. Dentro deles, en primeiro lugar, temos unha pouca documentación de carácter biográfico, na que se inclúen un retrato de Villar Ponte de mozo, notas e manuscritos de homenaxes dedicadas a el e certificacións persoais. Merecen especial mención o título de socio de número de Nós e a certificación da elección como Deputado para as Cortes pola circunscrición da Coruña en 1931. Por outro lado consérvase una serie de correspondencia con cartas e telegramas de diversas personalidades dirixidas, a maioría, a Antón Villar Ponte e ao seu irmán Ramón. Os últimos documentos desta serie son pésames pola morte de Antón.
Finalmente hai unha colección de números de xornais soltos, folletos, impresos e catro manuscritos asinados por outros autores.
Hai algúns documentos con data posterior a 1977 que é a da chegada á RAG da documentación. Posiblemente, foron engadidos ao fondo ese mesmo ano de 1977, cando se lle dedicou o día das letras galegas.
3.4 Organización
Para organizar o fondo empregouse o cadro de clasificación elaborado polo Arquivo da Real Academia Galega para os fondos persoais e familiares, realizado a partir do cadro proposto por Olga Gallego na súa obra "Manual de archivos familiares" (1995), tamén se tivo en conta o cadro proposto pola "Sección Nobleza" do AHN. O cadro de clasificación resultante é o seguinte:
02.35.1 Persoal
02.35.1.1 Biográficos
02.35.1.2 Correspondencia
02.35.4 Función privada
02.35.4.1 Actividade intelectual
02.35.4.1.1 Artigos e ensaios
02.35.4.1.2 Contos e novelas
02.35.4.1.3 Discursos
02.35.4.1.4 Notas e apuntamentos
02.35.4.1.5 Obras teatrais
02.35.4.1.6 Poemas
02.35.4.2 Actividade intelectual
02.35.4.2.1 Asociacións políticas e culturais
02.35.5 Coleccións
02.35.5.1 Folletos e impresos
02.35.5.2 Manuscritos alleos
02.35.5.3 Recortes de prensa
02.35.5.4 Xornais
4. Área de condiciones de acceso y utilización
4.1 Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 d e 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no art. 56 e 58 dos Estatutos da Real Academia Galega.
4.3 Lengua/Escritura(s) de la documentación
Lengua:
Galician
Spanish; Castilian
5. Área de documentación asociada
5.2 Existencia y localización de copias
Existencia de copias:
No existen copias
5.3 Unidades de descripción relacionadas
Unidades de descripción relacionadas:
A familia de A. Villar Ponte deixou en depósito algunha documentación do escritor á Fundación Penzol. Dúas partes deste depósito foron levantadas: a primeira, polo fillo, no ano 1977 e afectou á documentación relativa a Pastor Díaz, e a segunda, polos herdeiros, no ano 1982 e afectou a correspondencia. Porén quedou copia de todo na Fundación.
Algunha parte de este fondo, xunto con outra documentación mercada no ano 1991polo Parlamento de Galicia aos herdeiros, atópase no arquivo desta institución.
5.4 Nota de publicaciones
Bibliografía:
Edición de manuscritos teatrais: VILLAR PONTE, Antón, A festa da malla, ed. de Noemí Alonso e Dolores Vilavedra, estudo introdutorio de Manuel F. Vieites, Vigo, Xerais, 1997 VILLAR PONTE, Antón, Xuana de Vega ou "Os Mártires", ed, de Ernesto Vázquez Souza, Santiago de compostela, Laiovento, 2001
7. Área de control de la descripción
7.1 Nota del archivero
Cadro, descrición do de documentos e inventario /Mercedes Fernández-Couto Tella (ARAG)
Descrición das fotografías: Nélida Cosme Abollo (2007).
Ricardo Axeitos Valiño, nova instalación e descrición do fondo (2010).
Instalación e descrición da documentación doada no 2010: Ricardo Axeitos Valiño (2012)
Traballos realizados baixo a dirección de Mercedes Fernández-Couto Tella.
7.2 Reglas o normas
Reglas o normas:
Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Proposta inicial. Maio 2008
ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000
7.3 Fecha(s) de la(s) descripción(es)
Fecha de creación:
2008/10/20
Fecha de última modificación:
2016/05/17 16:58:37
Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia