Xesús Rodríguez López (Lugo, 1859-1917).
Médico de profesión, ademais de publicar conferencias, artigos profesionais e de divulgación científica, foi escritor en galego. Cultivou a poesía, a narrativa e o teatro.
Exerceu a súa profesión na súa vila natal, Lugo, na que residiu toda a súa vida.
Chegou a ser concelleiro (1900) e tenente de alcalde (1902) de Lugo.
En 1895 escribiu "Supersticiones de Galicia", a súa obra máis recoñecida. Nese mesmo ano a obra foi prohibida polo Bispo de Lugo ao considerar contrarios aos postulados católicos certos comentarios do autor sobre as supersticións e crenzas do pobo.
Foi membro fundador da Real Academia Galega.
Historia archivística
Na instalación do fondo retiráronse fotografías, xornais e un folleto que s e conservan á parte da documentación textual.
Alcance y contenido
O fondo documenta a maior parte da vida e actividades de Xesús Rodríguez Ló pez especialmente a través da súa correspondencia e de manuscritos das súas obras. Entre estes últimos destaca o texto dun conto titulado "Gabriela" que o autor deixou inédito.
Ademáis contén documentación familiar de carácter patrimonial, recortes de prensa, xornais, e correspondencia de Jesús Rodríguez Pedreira e Celso Rodríguez Fernández, fillo e neto respectivamente do autor lugués, con estudosos da súa obra.
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 d e 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no art. 56 e 58 dos Estatutos da Real Academia Galega.
Documentación relacionada
Existencia y localización de copias
Existencia de copias:
No existen copias
Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia