Manuel Casás nace o 17 de maio de 1897, e morre o 30 de xullo de 1960 na Coruña. Estudia dereito en Santiago. Vivirá o longo da súa vida na Coruña. Abogado penalista de renome. Alcalde dúas veces (1916-1917 e 1925-1927). Presidente da Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos (1913-1919). Fundador e presidente do Instituto de Estudios Gallegos (1918-1936). Presidente accidental da RAG (1936-1960), primeiro como interino. Titular no 1942. Participa en diferentes congresos de dereito penal en España e en outors países europeos. Ademáis das súas colaboracións periodísticas publicará diversas obras sobre dereito penal, así como traballos dedicados ao estudo de personalidades, de historia e literatura galegas. Durante toda a súa vida amosará un vivo interés pola cultura galega, participando e fomentando variados actos de exaltación e homenaxe da mesma. Ainda así se mostrará sempre crítico cos movementos rexionalistas e nacionalistas galegos.
Historia archivística
Descoñecida.
Alcance y contenido
Retrato de grupo. Plano enteiro dos asistentes á recepción de José Rey Rodríguez na súa visita á sede da RAG. De esquerda a dereita, de pé: Juan Naya, E. Chao Espina, Caamaño Bournacel, Julio Dávila?, Luís Carré, o marqués de Figueroa e José Luís Bugallal. Sentados: Leandro Carré, señora de José Rey, Manuel Casás, José Rey Rodríguez, Amalia Rey Rodríguez e F. Vales. Inscrición no anverso: "Visita a la Real Academia Gallega del delegado del Centro Gallego de Buenos Aires, don José Rey Rodríguez, con su esposa e hija. 31 de mayo de 1951".
Clase de documento:
Iconográfico
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 d e 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no art. 56 e 58 dos Estatutos da Real Academia Galega.
Normativa:
Acceso libre coas restriccións estabecidas polo decreto 307/1989, de 23 de noviembre, polo que regúlase o sistema de arquivos e o patrimonio documental de Galicia e as restriccións que por conservación e preservación estipule a RAG.
As fotografías están dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.
Lengua:
Spanish; Castilian
Características físicas
Estado de conservación:
Bo
Descripción del estado de conservación:
Un pouco rota (quebrada) pola parte posterior.
Documentación relacionada
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: No existen copias Información adicional de la copia: XL-1-25
XL-3-33
Unidades de descripción relacionadas
Unidades de descripción relacionadas: 273
Notas
Nota general
Asistiron o marqués de Figueroa e Mosquera Pérez, vicepresidente do Padroado Rosalía de Castro.
Existe copia no fondo da Real Academia Galega (R. 1889).