Xesús Rodríguez López (Lugo, 1859-1917).
Médico de profesión, ademais de publicar conferencias, artigos profesionais e de divulgación científica, foi escritor en galego. Cultivou a poesía, a narrativa e o teatro.
Exerceu a súa profesión na súa vila natal, Lugo, na que residiu toda a súa vida.
Chegou a ser concelleiro (1900) e tenente de alcalde (1902) de Lugo.
En 1895 escribiu "Supersticiones de Galicia", a súa obra máis recoñecida. Nese mesmo ano a obra foi prohibida polo Bispo de Lugo ao considerar contrarios aos postulados católicos certos comentarios do autor sobre as supersticións e crenzas do pobo.
Foi membro fundador da Real Academia Galega.
Historia arquivística
Na instalación do fondo retiráronse fotografías, xornais e un folleto que s e conservan á parte da documentación textual.
Alcance e contido
Retrato de estudio. Plano enteiro de dous mozos collidos da man, un deles sentado nunha cadeira [Xesús Rodríguez López?] e o outro de pé. No fondo un decorado fotográfico.
Inscrición ms. no anverso e no reverso: "1884".
Clase de documento:
Iconográfico
Condicións de acceso
Condicións de acceso
Descrición condicións de acceso:
Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 d e 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no art. 56 e 58 dos Estatutos da Real Academia Galega.
Lingua:
Galician
Spanish; Castilian
Características físicas
Estado de conservación:
Regular
Descrición do estado de conservación:
Perda da bidimensionalidade. Manchas e restos de tinta sobre a emulsión. Abrasións
Documentación relacionada
Existencia e localización de copias
Existencia de copias: No existen copias
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia