Ricardo Puente y Brañas nace na Coruña o 18 de xaneiro de 1835, e morre en Madrid o 12 de setembro de 1880. Adicouse durante un tempo o comercio e logo iingrsou nunha oficina do Estado. Dende auxiliar do Ministerio do Facenda chegou a gobernador civil de León e Alicante., oficial primeiro do Ministerio da Gobernación e xefe do Negocio de Prensa na Presidencia do Consello de Ministr os. Era xefe de Administración Civil, comendador da Orde de Carlos III, gran cruz de Isabel la Católica e estaba proposto para a gran cruz de Beneficiencia polos servicios prestados sendo gobrenador cicil de Alicante. José Puente y Brañas nace na Coruña o 12 de xullo de 1824, e morre o 10 de xullo de 1857. Estuda filosofía en Santiago e comeza dereito, que remata en Madrid (1845) . Na Coruña exerce a abogacía e explica Retórica e Poética, durante dous anos no Instituto. Ocupa a Secretaría da Deputación Provincial da Coruña (1854- 1856). José foi un dos integrantes do primeiro provincialismo e niciador do seu irmán Ricardo no mesmo. Ricardo é un dos mozos que Vicetto aglutinou ao redor do "Clamor del País" para recuperar o labor da primeira xeración provincia lista, aproveitando a chegada de Espartero ao poder. Ricardo Puente de Castilla. Nace ca. 1859. Fillo de Gonzalo Puente y Brañas, irmán maior dos anteriores, morto en 1880. En 1935 durante as vacacións estivais visita A Coruña , onde coñece, por mediación do seu curmán Gonzalo Brañas Fernández a Vaamonde Lores, quen se interesa polos datos que poidera coñecer sobre os seus tíos. Despois da contenda civil, realizará varias doazóns a Real Academia Galega, de documentación e obras de Ricardo e José Puente, xunto con outras obras impres as de varios escritores de orixe galega. Pasa a maior parte da súa vida en Madrid.
Ricardo Puente de Castilla atopa en 1937 documentos e manuscritos dos seus tíos Ricardo e José Puente y Brañas entre a documentación do seu pai. Ata 1939, durante a loita civil, permanece na vila madrileña dedicado a ordear e clasificar o fondo documental, describindo e anotando cada documento.
Descripción de la forma de ingreso: O fondo foi doado á Real Academia Galega por Ricardo Puente de Castilla. 19 39, 10, 31.
Forma jurídica del ingreso: Doazón
Documentos persoais e manuscritos literarios de José e Ricardo Puente y Bra ñas, xunto con un retrato de José e outro de Vicetto. Tamén inclúe unha colección de folletos e periódicos do século XIX. Cada documento do fondo ven acompañado dunha carpetiña, que gardaba a peza documental e na que Ricardo Puente de Castilla escribiu unha descrición da mesma.
Para organizar o fondo empregouse o cadro de clasificación elaborado polo Arquivo da Real Academia Galega para os fondos persoais e familiares, realizado a partir do cadro proposto por Olga Gallego na súa obra "Manual de archivos familiares" (1995), tamén se tivo en conta o cadro proposto pola "Sección Nobleza" do AHN. O cadro de clasificación resultante é o seguinte: 02.24.5. Coleccións 02.24.5.1. José P uente y Brañas 02.24.5.2. Ricardo Puente y Brañas 02.24.5.3. Folletos 02.24.5.4. Periódicos
Cada documento do fondo ven acompañado dunha carpeta, que gardaba a peza do cumental, na que Ricardo Puente de Castilla escribeu unha detalada descripción da mesma. Ademáis hai descripcións xerais da documentación entre os papeis da doazón.
No existen copias
No fondo Irmáns da Iglesia, conservado no Arquivo da Real Academia Galega, hai dúas obras de Jose´Puente y Brañas: "Maria Pita la muger del pueblo" (signat ura: 103 / 9) e "María Pita hª de la invasión inglesa" (signatura: 103 / 15)
Contido: os xornais e as monografías consérvanse na Hemeroteca e na Biblioteca. Quedaron no arquivo as carpetiñas coas que o doador, Ricardo Puente, acompañaba cada documento.
Cadro, descrición de documentos e inventario /Mercedes Fernández-Couto Tella (ARAG)(1999) Posteriormente descrbense as series / Ricardo Axeitos Valiño (2002) Descrición das fotografías: Nélida Cosme Abollo (2005, IV). Traballos realizados baixo a dirección de: Mercedes Fernández-Couto Tella