Antón Villar Ponte (Viveiro, 1881-A Coruña, 1936) foi o principal prosista da xeración das Irmandades da Fala e artífice da renovación ideolóxica no agromar do nacionalismo. Adicouse sobre todo ao xornalismo e ao ensaio, mais presenta tamén unha considerable produción dramática. Rexentou unha botica en Foz onde comeza a súa carreira como xornalista ata que se traslada a Madrid onde ingresa no xornal republicano "El País". En 1908 marchou á Habana onde dirixiu o "Diario Español". De regreso a Galicia foi presidente da Asociación de Presa da Coruña e participou na creación das Irmandades da Fala en 1916. No campo político, en 1929 foi un dos fundadores da ORGA e chegou a ser deputado nas Cortes Constituíntes de 1931. No ano 1934 incorporouse ao Partido Galegista, voltando a ser deputado en 1936, ano da súa morte. Casou con Micaela Chao, irmá de Teresa Chao quen foi á súa vez muller de Ramón Villar Ponte (1890-1953), irmán de Antón. Con Micaela tivo a Antonio Villar Chao, pai de Antonio J. Vilar Casal, que en 2004 entregou á Real Academia Galega a documentación que forma este fondo.
Descoñecida.
Forma jurídica del ingreso: Compra
Este fondo ten un pequeno volume de documentación formada por unha credencial da candidatura a Diputado a Cortes de 1936 e varias cartas de Antón Villar Ponte e do seu fillo Antonio Villar Chao, uns poucos recortes de prensa e impresos, unha fotografía dunha mariña pintada por Mariano Miguel e unha colección de debuxos de Castelao, Cebreiro, Bagaría e outros debuxantes.
Para organizar o fondo empregouse o cadro de clasificación elaborado polo arquivo da Real Academia Galega para os fondos persoais e familiares, realizado a partir do cadro proposto por Olga Gallego na súa obra "Manual de archivos familiares" (1995), tendo tamén en conta o cadro proposto pola "Sección Nobleza" do AHN. O cadro de clasificación resultante é o seguinte: 02.70.1 Persoal 02.70.1.1 Correspondencia e credenciais 02.70.5 Coleccións 02.70.5.1 Impresos 02.70.5.2 Debuxos
Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no art. 56 e 58 dos Estatutos da Real Academia Galega.
No existen copias
No arquivo da Real Academia Galega tamén se conserva un fondo Antón Villar Ponte con documentación doada polo fillo do escritor, Antonio Villar Chao.
Instalación, inventario e descrición do fondo: Ricardo Axeitos Valiño (2009) Traballos realizados baixo a dirección de: Mercedes Fernández-Couto Tella