Leandro Carré Alvarellos naceu o 31 de agosto de 1888 e morreu o 14 de febreiro de 1976, na Coruña.
Dramaturgo, lingüista, gramático e ensaísta con especial atención ás cuestións etnográficas e teatrais. Non realizou estudos superiores, pero era un home de de gran cultura (literatura, arte, ciencias). Dominaba o francés, o italiano, o portugués e coñecía o inglés.
Fillo de Uxío Carré Aldao. Irmáns: José, Luís Galo Vicente, Eugenio e Gonzalo.
Director do grupo teatral de Cántigas da Terra, para o que escribiu varias comedias nun acto e estampas de costumes. Substitúe a Fernando Osorio na dirección do Conservatorio de Arte Galego, da Irmandade da Fala da Coruña, nome que cambia polo de Escola Dramática Galega. Fundador e propietario da Editorial Lar.
A editorial nace en novembro de 1924, dirixida por Leandro e administrada por Ánxel Casal. A colección máis famosa será a de novela curta que comeza coa do 9 de novembro de 1924. Chegarán a saír desta colección ata 40 números. O último publícase en xaneiro de 1928.
En agosto de 1927 Leandro e Casal sepáranse. Leandro, trasladándose de local, continúa coa editorial Lar. Casal funda a editorial Nós. Dirixe a sección galega da revista Quatro Ventos, de Braga, e colabora en diversas revistas de Galicia, Portugal e América, nas que publica artigos e contos.
Foi colaborador da BBC en España e de Radio Nacional na Coruña. Pertenceu ás seguintes institucións culturais portuguesas: Martins Sarmento, Guimaraes, Instituto Portugués de Arqueología, Historia e Etnografía e á Sociedade de Lingua Portuguesa de Lisboa. Numerario da RAG dende o 3 de marzo de 1945.
Historia arquivística
Descoñecida.
Alcance e contido
O fondo está formado por unha colección de orixinais de narracións e obras teatrais en galego de varios autores, reunida por Leandro Carré ao longo do seu labor como editor. Entre eles hai dúas obras anónimas, asinadas baixo os lemas: Anduriña e Corazonciño, presentadas a un concurso de novelas pequenas e de poemas convocado pola revista A Nosa Terra o 20 de agosto de 1918.
Ademais, consérvase unha colección de recortes de prensa con poemas e contos en galego de diferentes autores, acumulada por Leandro Carré para formar unha Antoloxía Galega.
Condicións de acceso
Condicións de acceso
Descrición condicións de acceso:
Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985, de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995,do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia; así como polo estipulado no art. 56 e 58 dos Estatutos da Real Academia Galega.
Lingua:
Spanish; Castilian
Galician
Documentación relacionada
Existencia e localización de copias
Existencia de copias: No existen copias
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia