Manuel Casás nace o 17 de maio de 1897, e morre o 30 de xullo de 1960 na Coruña. Estudia dereito en Santiago. Vivirá o longo da súa vida na Coruña. Abogado penalista de renome. Alcalde dúas veces (1916-1917 e 1925-1927). Presidente da Reunión Recreativa e Instructiva de Artesanos (1913-1919). Fundador e presidente do Instituto de Estudios Gallegos (1918-1936). Presidente accidental da RAG (1936-1960), primeiro como interino. Titular no 1942. Participa en diferentes congresos de dereito penal en España e en outors países europeos. Ademáis das súas colaboracións periodísticas publicará diversas obras sobre dereito penal, así como traballos dedicados ao estudo de personalidades, de historia e literatura galegas. Durante toda a súa vida amosará un vivo interés pola cultura galega, participando e fomentando variados actos de exaltación e homenaxe da mesma. Ainda así se mostrará sempre crítico cos movementos rexionalistas e nacionalistas galegos.
Historia arquivística
Descoñecida.
Alcance e contido
1 Asistentes ao pleno do Padroado Rosalía de Castro, no Instituto San Clemente, en Santiago de Compostela. De pé, de esquerda a dereita Beiras,?, Borobó, Varela, Ramón Piñeiro, Chamoso Lamas, Ramón Baltar, García Sabell, Otero Pedrayo, Calzado Poceiro, Gómez Román, Cabanillas, Mosquera Pérez, Rey Rodríguez, Filgueira Valverde, Iglesias Vilarelle, Cordero Carrete, Millán e Naya Pérez. Sentados: Balboa, Casás, Pura Lorenzana, Marqués de Figueroa, Gala Murguía, a dona de Juan Naya, María Casás e Xesús Carro. 2 Plano longo de Ramón Cabanillas lendo un discurso ante o monumento a Rosalía de Castro. Á súa esquerda, home non identificado. Diante, numerosos ramos de flores. 3 Plano 3/4 de Otero Pedrayo falando na carballeira de Sta. Susana, no monumento a Rosalía. Ao fondo, a xente escoita.
Clase de documento:
Iconográfico
Condicións de acceso
Condicións de acceso
Descrición condicións de acceso:
Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 d e 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no art. 56 e 58 dos Estatutos da Real Academia Galega.
Normativa:
Acceso libre coas restriccións estabecidas polo decreto 307/1989, de 23 de noviembre, polo que regúlase o sistema de arquivos e o patrimonio documental de Galicia e as restriccións que por conservación e preservación estipule a RAG.
As fotografías están dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.
Características físicas
Estado de conservación:
Bo
Descrición do estado de conservación:
Copia no DVD 90.
Moi suxa, pegadas dactilares. Ten coma unha especie de cola. Copia no DVD 90.
Copia no DVD 90.
Documentación relacionada
Existencia e localización de copias
Existencia de copias:
No existen copias
Información adicional da copia:
L-1-22
DV-D-90
S-3-12
S-3-13
Unidades de descrición relacionadas
Unidades de descrición relacionadas:
274
Notas
Nota xeral
Da foto nº 1 existe copia no fondo fotógráfico Otero Pedrayo, custodiado na Biblioteca Penzol, sen catalogar. No reverso desta copia están anotados os asistentes, información empregada para completar a información, aínda que de algún só consta o apelido, polo que quedan pendentes de identificación.