Sección xa establecida na Ordenanza do 4 de xullo de 1718, “para o establecemento e instrución de intendentes e para tesoureiro xeral, pagadores e contadores dos exércitos e provincias”. Contaba cun tesoureiro xeral que reunía todos os ramos da Real Facenda, un depositario ou pagador dos produtos e gastos e unha contadoría principal que xestionaba e conservaba todos os expedientes dos pagamentos. Esta organización vai variar pouco no tempo: na “noticia dos empregados nas subdelegacións, contadorías e administracións de todas as rendas reais desta provincia” de 1814, aparecen, ademais dos anteriores, o administrador xeral de aduanas e o administrador xeral de rendas unidas. Esta organización manterase estable ata a desaparición da Intendencia.
2.3 Historia arquivística
O fondo parece ser só unha pequena parte do orixinal. Non existe constancia oficial de entrada no Arquivo. Tradicionalmente únese ao fondo do Xulgado de Correos e Camiños porque foi identificado entre a documentación que ingresara no ARG en 1843 procedente deste órgano relacionado coa Real Intendencia, suprimido no ano 1842 e competente na resolución de conflitos do persoal e servizos destes ramos.
Outra parte do fondo entrou por transferencia coa documentación procedente da Delegación Provincial de Facenda da Coruña, e inclúe os Libros do Catastro do Marqués da Ensenada. Outra parte entrou mesturada coa documentación das Xuntas de Armamento e Defensa e coa documentación eclesiástica.
2.4 Forma de ingreso
Data de ingreso:
26/05/1843
3. Área de contido e estrutura
3.1 Alcance e contido
Contén:
2915. Libro real de leigos.
2916.Libro real de eclesiásticos.
2917. Libro persoal de leigos.
2918. Libro persoal de eclesiásticos
2919. Estados
3.3 Novos ingresos
Novos ingresos ou transferencias:
Trátase dun fondo pechado, polo que se descartan novos ingresos.
3.4 Organización
Conta con 11 subseccións:
1.1. Escribanía de Goberno
1.1.1. Réxime interior
1.1.2. Xulgado
1.1.3. Contadoría
1.1.4. Administración xeral de aduanas
1.1.5. Administración xeral de rendas unidas
1.1.6. Administración da renda da lotería
1.1.7. Administración local
1.1.8. Subdelegación da Suprema Xunta de Comercio
1.1.9. Vagos
1.1.10. Guerra
1.1.11. Comisión provincial gobernativa de consolidación de vales reais e caixas de extinción da Coruña
4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1 Condicións de acceso
Descrición condicións de acceso:
Acceso libre en xeral.
4.2 Condicións de reprodución
Condicións de reprodución:
A reprodución da documentación deste fondo está suxeita ás seguintes disposicións:
- Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
- Orde do 31 de agosto de 2010, pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia.
4.3 Lingua/Escritura(s) da documentación
Lingua:
Spanish; Castilian
4.4 Características físicas
Estado de conservación:
Regular
4.5 Instrumentos de descrición
Instrumentos de descrición:
Catálogo en fichas Base de datos para o catastro
5. Área de documentación asociada
5.2. Existencia e localización de copias
Existencia de copias:
Non existen copias
5.3 Unidades de descrición relacionadas
Unidades de descrición relacionadas:
- Colección documental César Vaamonde Lores- Real Audiencia de Galicia- Arquivo do Reino de Galicia, historia do arquivo
5.4 Nota de publicacións
Publicacións:
GIL MERINO, Antonio: Archivo histórico del Reino de Galicia. Guía del investigador. Madrid, 1976
GRANADOS LOUREDA, Juan A.: Un ejemplo de comisariado en el antiguo régimen español:La Intendencia de Galicia, 1712-1775.
LÓPEZ GÓMEZ, Pedro: El Juzgado de Correos y Caminos de la Real Intendencia de Galicia y su archivo. En: II Simposio de Estudios Humanísticos (Ferrol, 14-16 noviembre de 2006). De culturas, lenguas y tradiciones.
LÓPEZ GÓMEZ, Pedro: La reconstrucción del Archivo de la Real Intendencia de Galicia y su Juzgado de Correos y Caminos: un proyecto de investigación. Separa de Boletín auriense tomo XXXVIII-IX, Ourense 2008-2009
QUIROGA BARRO, Gabriel: Breve guía: fondos documentais. A Coruña, 2003. Exposición Arquivo renovado. Arquivo do Reino de Galicia
6. Área de notas
Nota xeral
Nota ao volume: 726 caixas son só do Catastro do Marqués de la Ensenada
Nota á área de identificación
O título oficial é "Real e Única contribución"
7. Área de control da descrición
7.1 Nota da/do arquivista
Descrición realizada por María del Rosario Torreiro Martínez, baixo a dirección de Carmen Prieto Ramos.
7.2 Regras ou normas
Regras ou normas:
Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Proposta inicial. Maio 2008
ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000