Xavier Bóveda Pérez nace en Gomesende, Ourense, o 31 de xaneiro de 1898 e morre en Madrid o 31 de outubro de 1963. Poeta e xornalista, desenvolve a súa actividade literaria entre Madrid e Galicia ata o ano 1923 en que emigra a Buenos Aires, onde colabora en diversas revistas: Caras y Caretas, Plus Utra, La Prensa, Mundo Español, ademais de fundar e dirixir Síntesis. Conferenciante por toda America. Regresa a España en setembro do ano 1963 e morre un mes máis tarde.
Historia arquivística
Foi instalado por A. Gil Merino na caixa 232 /II-III do seu inventario.
Alcance e contido
Manuscritos literarios, correspondencia e fotografías.
Condicións de acceso
Condicións de acceso
Descrición condicións de acceso:
A correspondencia non se pode consultar ata o ano 2013.
Documentación relacionada
Existencia e localización de copias
Existencia de copias:
Existen copias: As cartas da caixa 232 están fotocopiadas. A reprodución gárdase ao lado da caixa.
Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia