Ezequiel Abente Lago naceu en Muxía. Fillo de Leandro Abente Chans, médico da localidade e de Manuela Lago Díaz.
Despois de estudar Medicina na Universidade de Santiago ingresou como axudante médico no exército, chegando ser xeneral e director do antigo Hospital Militar da Coruña ,o que, en 1996, foi bautizado có seu nome como recoñecemento a súa laboura durante a repatriación dos soldados de Cuba, tras perder a guerra de 1898 cós Estados Unidos de América . Foi un laureado militar polo seu traballo tanto en tempos de guerra como de paz.
Casou en primeiras nupcias con Rafaela Escobar, nacendo desta relación os seus fillos Flora, Elena e Leopoldo Abente Escobar. Máis tarde, contraeu matrimonio con Cristina García de la Torre.
Historia arquivística
Descoñecida.
Alcance e contido
Retrato de estudio en círculo. Plano medio de María Victoria Abente Haedo, en posición frontal. Leva o pelo recollido nun moño, cunha peita e un ramallete de flores; un vestido de cor branco con grandes colos de encaixe e un colar de abelorios. Ms. no reverso: "María Victoria"
Clase de documento:
Iconográfico
Condicións de acceso
Condicións de acceso
Descrición condicións de acceso:
Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 d e 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no art. 56 e 58 dos Estatutos da Real Academia Galega.
Características físicas
Estado de conservación:
Bo
Descrición do estado de conservación:
Suxos. O soporte secundario está delaminado.
Documentación relacionada
Existencia e localización de copias
Existencia de copias:
No existen copias
Información adicional da copia:
L-8-32
Unidades de descrición relacionadas
Unidades de descrición relacionadas:
2464
Notas
Nota xeral
Esta imaxe é da mesma feitura, da mesma época, do mesmo fotógrafo... que R. 2520 e R. 2464. Informante : Felipe Valdés Hansen.