Ezequiel Abente Lago naceu en Muxía. Fillo de Leandro Abente Chans, médico da localidade e de Manuela Lago Díaz.
Despois de estudar Medicina na Universidade de Santiago ingresou como axudante médico no exército, chegando ser xeneral e director do antigo Hospital Militar da Coruña ,o que, en 1996, foi bautizado có seu nome como recoñecemento a súa laboura durante a repatriación dos soldados de Cuba, tras perder a guerra de 1898 cós Estados Unidos de América . Foi un laureado militar polo seu traballo tanto en tempos de guerra como de paz.
Casou en primeiras nupcias con Rafaela Escobar, nacendo desta relación os seus fillos Flora, Elena e Leopoldo Abente Escobar. Máis tarde, contraeu matrimonio con Cristina García de la Torre.
Historia arquivística
Descoñecida.
Alcance e contido
Retrato de estudio. Plano enteiro de (de esquerda a dereita) Luís, Rafael e Carlos Abente Haedo de pé vestidos con uniformes militares de cor clara, puchas de cor escura, uvas brancas e sabres. Inscricion ms. no anverso: "Luis", "Rafaél", "Cárlos".
Clase de documento:
Iconográfico
Condicións de acceso
Condicións de acceso
Descrición condicións de acceso:
Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 d e 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no art. 56 e 58 dos Estatutos da Real Academia Galega.
Características físicas
Estado de conservación:
Regular
Descrición do estado de conservación:
Manchiñas con perda de imaxe por toda a emulsión, do negativo? Perforación na parte superior. Depositos de oxido sobre o soporte secundario. Algo cambada. Suciedade.
Documentación relacionada
Existencia e localización de copias
Existencia de copias: No existen copias Información adicional da copia: L-8-35
Notas
Nota xeral
Para a identificación das fotografías contouse coa colaboración de Felipe V aldés Hansen.