Convento de Santa María do Rosario de San Sadurniño

Ligazón persistente
EAD Dublin Core RDF Linked Open Data / EDM 5.2.8
 

1. Área de identificación

1.1 Código de referencia

  • ES.GA.15030.ARG/2.4.21.
Localización da documentación:

1.2 Título

  • Convento de Santa María do Rosario de San Sadurniño

1.3 Datas

Data de creación:
  • 1508 / 1835

1.4 Nivel de descrición

  • Fondo

1.5 Volume e soporte da unidade de descrición

  • 4 Unidade(s) de instalación

2. Área de contexto

2.1 Produtor-Institución

2.2 Historia institucional/biografía

  • A orixe deste convento está nun hospital e igrexa da Orde do Temple que en 1508 é reconstruída por Fernando de Andrade, que consegue unha bula para a converter en colexiata con cinco capeláns. O seu fillo substitúe os capeláns por freires franciscanos, que á súa vez serán substituídos por freires dominicos en 1570, invitados por Pedro de Andrade; tamén se farán cargo dunha cátedra de gramática e latinidades. Será esta orde a que habite no convento ata a súa expulsión en 1835.

2.3 Historia arquivística

  • O fondo chegou mesturado coa documentación dos mosteiros e conventos desamortizados da provincia da Coruña, que ingresou no ARG en virtude dunha orde ministerial do 10 de novembro de 1887, probablemente executada en 1888. Anteriormente, e desde o momento da exclaustración, a documentación permanecera en dependencias públicas incorrectamente custodiada. Antes de 1851 estiveran en Galicia os comisionados da Academia da Historia e recolleran moitos documentos relevantes para a historia de Galicia.

2.4 Forma de ingreso

Forma xurídica do ingreso:
  • Transferencia

3. Área de contido e estrutura

3.1 Alcance e contido

  • O fondo comprende series documentais basicamente relacionadas coa xestión eclesiástica da comunidade, o goberno do seu señorío e a adquisición e administración do patrimonio do mosteiro. Unha parte da documentación está composta polas series procedentes dos mosteiros e conventos que incorporou a principios do século XVI. O fondo conservado no ARG áchase moi minguado. Fundamentalmente son series documentais sobre a adquisición e administración do seu patrimonio.
Clase de documento:
  • Textual

4. Área de condicións de acceso e utilización

4.1 Condicións de acceso

Descrición condicións de acceso:
  • Acceso libre en xeral.
Titular dos dereitos:
  • Trátase de documentación pública de titularidade estatal, xestionada pola Xunta de Galicia. Ao seren depositados no ARG, os documentos que integran o fondo adquiren a condición de bens de interese cultural, consonte o artigo 50 da Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, e o 60 da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico Español, e pasan a gozar do réxime de protección que as ditas normas establecen para estas categorías de bens culturais.

4.2 Condicións de reprodución

Condicións de reprodución:
  • Normativa de aplicación: - Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia. - Orde do 31 de agosto de 2010, pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia.

4.3 Lingua/Escritura(s) da documentación

Lingua:
  • Spanish; Castilian

5. Área de documentación asociada

5.2. Existencia e localización de copias

Existencia de copias:
  • Non existen copias

7. Área de control da descrición

7.1 Nota da/do arquivista

  • Descrición realizada por Concepción García García e María del Rosario Torreiro Martínez, baixo a dirección de Mª del Carmen Prieto Ramos

7.3 Data(s) da (s) descrición(s)

Data de creación:
  • 2012/04/19
Data de última modificación:
  • 2019/08/01 13:11:16
Última validación completa:
  • 01/08/2019 13:11:16