Andrés Fernández-Albalat Lois, nado na Coruña o 23 de xuño de 1924, é un arquitecto galego. Recoñecido coma a figura máis reprensentativa da modernidade na arquitectura galega do século XX.
Doutor Arquitecto pola Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid. Profesor Emérito da Universidade da Coruña . Dicta cursos de doutorado e seminarios sobre: "Hecho Proyectual, Relaciones de las Bellas Artes y la Arquitectura" e "Construcción, Arquitectura, Música" en España e Brasil. Foi decano do Colegio de Arquitectos de León, Asturias y Galicia e decano fundador do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (1973-1977). E académico de número da Real Academia Galega, académico de honra da Real Academia Galega de Belas Artes e académico de número da Real Academia de Doutores. Tamén académico correspondente da Real Academia de Belas Artes de San Fernando e director do Instituto José Cornide de Estudos Coruñeses.
Historia arquivística
Descoñecida
Alcance e contido
Nesta colección atopamos 34 fotografías tiradas na década de 1960, das seguintes obras do arquitecto e membro de número da RAG, Andrés Fernández Albalat: - Maqueta do anteproxecto de Colexio Masculino dos Escolapios, no monte San Pedro, A Coruña. [1962]
- Edificio filial da SEAT na Coruña. 1964
- Edificio da Sociedade Deportiva Recreativa Hípica da Coruña. 1966
- Igrexa de San Martiño de Meirás (Sada). 1966
- Motel "El Horreo" en Corcubión. 1968
- Edificio na Avenida da Mariña, na Coruña, [1969]
- Edificios do Conservatorio, Auditorio e Escola de Idiomas da Coruña [196?]
Clase de documento:
Iconográfico
Documentación relacionada
Existencia e localización de copias
Existencia de copias: No existen copias
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia