Pura Vázquez, poetisa, naceu en Ourense, en 1918 onde estudou Primaria, Bacharelato e Maxisterio Comezou escribir e publicar desde moi nova na prensa e nas revistas galegas, desde os primeiros anos do Bacharelato alternou sempre os estudos coa escrita. No ano 1944 publícalle a Deputación de Ourense o seu primeiro libro, en castelán. No ano 1952, sale na Colección Xistral, o libro Íntimas, totalmente escrito en galego. Xa nunca deixará de escribir, excepto unha tempada á morte do seu home, acadando unha extensa obra, na súa maioría en galego.
Historia archivística
Descoñecida
Alcance e conteúdo
Grupo de asistentes ao banquete de despedida de Pura Vázquez, celebrado en Vigo o día que esta embarca cara a Venezuela. De pé nun exterior rodean á escritora e seu pai. Inscrición ms. no reverso: "De direita a esquerda: González Alegre, Celso Emilio Ferreiro, meu pai, eu, Emilio Álvarez Blázquez, outro escritor amigo, Xosé María Álvarez Blázquez, F. Fernández del Riego, Leal Insúa, un amigo da Estrada, e o Director Xeral en Vigo da Transatlántica. Foi no día que saín de España para Venezuela, logo dun xantar, con moitos mais, cando iamos xa para o barco Veracruz, onde me embarcaba ise día".
Clase de documento:
Iconográfico
Condiciones de acceso
Características físicas
Estado de conservación:
Bo
Documentación relacionada
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: No existen copias Información adicional de la copia: S-10-32
Notas
Nota general
A persoa á que ela se refire como "outro escritor amigo" pode ser Eleuterio González Salgado.