Dona Angelita (1895-1975), como era coñecida, estudou maxisterio en León e obtivo praza en 1918 en Mandiá unha aldea preto de Ferrol. En 1935 ocupa a xerencia da Escuela Nacional de Niñas del Hospicio. En 1945 é profesora da Escuela Obrera. En 1948 e profesora colexio Ibañez Martín, onde é nomeada directora no ano 1959.
Entre 1938 e 1946 escribe, da conferencias, edita e reedita a súa obra científica. Imparte clases a opositores de aduanas, correos, telégrafos e prepara para o ingreso en altos estudios mercantís na academia para adultos da súa propiedade, Elmaca.
Como inventora realiza varios proxectos. En 1944 o atlas científico-gramatical, coa finalidade de dar a coñecer España con gramática, sintaxe, morfoloxía, ortografía e fonética. Despois a máquina taquimecanográfica.
En 1949 deseñou e fabricou en plena posguerra un dispositivo interactivo para a ensinanza baseado na mecánica e na electricidade, que contiña todos os coñecementos que tiña que aprender o alumno, e que estaba destinado a substituír a todos distintos libros de texto. É dicir, inventou un primitivo eBook. Foi a Enciclopedia Mecánica, construída no Parque de Artillería de Ferrol (A Coruña), sendo ela mesma quen dirixiu os traballos. Patentada o 7 de decembro de 1949, coa patente núm. 190.698.
Dende o ano 2006, a Enciclopedia Mecánica formou parte da Exposición do Museo Pedagóxico de Galicia (MUPEGA) en Santiago de Compostela (A Coruña) ata maio de 2012 que pasa á Exposición permanente do Museo de Ciencia e Tecnoloxía da Coruña.
Historia archivística
Descoñecida
Alcance e conteúdo
Contén reproducións dixitais de:
Retratos de Doña Angelita
Actos de homenaxes recibidos
Patentes a nome de D. Angelita
Libro mecánico
Medallas e premios recibidos
Obras de D. Angelita
Clase de documento:
Textual
Documentación relacionada
Existencia y localización de originales
Localización de originales: Obra depositada no MUNCYT, A Coruña.
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: No existen copias
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia