Antonio Meijide Pardo (O Barco de Valdeorras, Ourense, 1917 - A Coruña, 2004), foi un recoñecido historiador galego. Licenciado en Filosofía e Letras pola Universidade de Santiago de Compostela, e doutor en Xeografía e Historia pola mesma universidade, foi catedrático de historia no Instituto Eusebio da Garda da Coruña de 1941 ata 1985. Compaxinou a súa labor docente coa investigación, publicando ao longo da súa vida numerosos estudos dedicados á historia de Galicia. En 1963 ingresou na Real Academia Galega como membro numerario, chegando a ser tesoureiro da institución desde 1983 ata 1997.
Descoñecida.
Notas, fotocopias de documentos, recortes de prensa, etc. reunidos para os seus traballos de historia.
No existen copias