A Casa de América en Vigo, foi fundada no ano 1957, co obxectivo de fomentar o contacto coa emigración galega en América. Á cabeza dos seus fundadores estaba o escritor e xornalista José María Castroviejo, quen foi tamén o seu presidente. Entre aqueles, ademais, atopábase o poeta Celso Emilio Ferreiro, daquela procurador nos tribunais vigueses. A Casa de América promoveu diversas iniciativas culturais como conferencias e exposicións. Editou a revista “Carta de América” e tivo un espazo radiofónico na emisora “La Voz de Vigo”. Nos ano de 1960, decaeu a actividade da institución ata que foi refeita polo Instituto Español da Emigración poñendo no cargo de director a José Luís Carballo.
Segundo os estatutos da Casa de América de Vigo, no caso de que a institución se extinguise, todos os seus bens e activos, deberían de ser doados á Real Academia Galega. Efectivamente, nas actas da Academia (acta da Xunta de Goberno de 31 de decembro de 1971), rexístrase que o 17 de decembro de 1971, chegan á Coruña os “muebles y enseres de la extinguida Casa de América de Vigo”. Xunto a eles tamén había algúns libros, mais nada se di de documentos. Porén, é de supor que a documentación deste fondo, foi cedida á RAG polas mesmas canles que os mencionados libros, mobles e bens do organismo vigués.
Forma jurídica del ingreso: Doazón
Este fondo contén uns poucos documentos producidos pola Casa de América de Vigo. Fundamentalmente, trátase de correspondencia, facturas, informes, etc. A maioría da documentación está datada entre os anos 1956 e 1958, aínda que as datas extremas comprende de 1956 a 1962.
No existen copias
Bibliografía para a Historia Institucional: - “Don José Luís Carballo. Director de la Casa de América” (1967), en El Pueblo Gallego, núm. 15.214 (11-III), p. 7. - González Martín, Gerardo (2015): “Retazos de la vida consular en Vigo (1653-2002)”, en Glaucopis, núm. 20, pp. 67-108.