Sofía Pérez de Eguía Casanova nace o 30 de setembro de 1861, na Coruña, e morre en Proznan, Polonia, o 16 de xaneiro de 1958. Escritora de novela e poesía, autora de obras de teatro e cartas. Xornalista, foi tamén tradutora xa que falaba cinco idiomas. Durante a I Guerra Mundial, foi a primeira española corresponsal de guerra e a primeira corresponsal nun país estranxeiro de forma permanente. Sofía Casanova, foi a única testemuña directa da prensa española na Revolución Rusa, en 1917. Un año despois foi a primeira periodista estranxeira en entrevistar a León Trotski e, estaría presente na ocupación nazi de Varsovia Aos doce años trasládase ca súa familia a Madrid. Alí frecuenta os medios literarios e asiste ás reunións que se celebran na casa do Marqués de Valmar e na do poeta Campoamor. Hacia 1887 casa co profesor e filósofo polaco Vicente Lutoslawski. Marcha a vivir a Polonia. A obra literaria de Sofía Casanova é admirada e recoñecida en España. En 1.906 é elixida membro da Real Academia Galega, en 1.911 entra a formar parte da Academia Española de Poesía e en 1.925 o seu nome soa entre os candidatos españois ao Premio Nobel de Literatura. En 1919 volta a España, pobre e case cega, sendo moi ben recibida. Alfonso XIII concédelle a Gran Cruz de Beneficiencia pola súa laboura nun hospital improvisado en Varsovia.
Os manuscritos literarios e autobiográficos foron postos en orde pola súa neta Cristina Niklewitz en marzo de 1971.
Descripción de la forma de ingreso: As notas autobiográficas que enviou Casanova a Pilar Marquesi nunha carta de febreiro de 1929 é unha doazón de José Luis Bugallal Marchesi. 1948, 10, 12.Os manuscritos literarios e autobiográficos de Sofía Casanova foron doados pola súa neta Cristina Niklewitz a Real Academia Galega. 1971, 03, 28. As 44 cartas de Sofía Casanova a la Pilar Marquesi, copias mecanografiadas de poesías de S. Casanova e fotografías do seu enterro xunto con varios document os de Bugallal Marchesi foron doados pola familia do mesmo. 2001. 03, 17. Unha carta de Sofía Casanova a Jesús Carballo Taboada do 31 de agosto de 1957 foi doada polo propio Jesús Carballo. 1960, 12, 07.
Forma jurídica del ingreso: Doazón
O fondo está formado por manuscritos de poemas e memorias de Sofía Casanova , correspondencia da mesma ca familia Bugallal, fotografías e un conxunto de documentos reunido por José Luís Bugallal Marchesi, cartas, recortes de prensa e copias de artigos do mesmo todos relativos a figura da poeta.
Para organizar o fondo empregouse o cadro de clasificación elaborado polo Arquivo da Real Academia Galega para os fondos persoais e familiares, realizado a partir do cadro proposto por Olga Gallego na súa obra "Manual de archivos familiares" (1995), tamén se tivo en conta o cadro proposto pola "Sección Nobleza" do AHN. O cadro de clasificación resultante é o seguinte: 02.08.1. Persoal 02.08.1.1. Fotografías do enterro de Sofía Casanova 02.08.1.2. Correspondencia 02.08.4. Función privada 02.08.4.1. Orixinais de poema e memorias 02.08.6. Arquivos alleos 02.08.6.1. José Luís Bugallal Marchesi
Acceso libre coas restriccións estabecidas polo decreto 307/1989, de 23 de noviembre, polo que regúlase o sistema de arquivos e o patrimonio documental de Galicia e as restriccións que por conservación e preservación estipule a RAG. As fotografías están dispoñibles en soporte dixital, a consulta dos orixinais está restrinxida.
No existen copias
A carta ca nota autobiográfica de Casanova a Pilar Marquesi de febreiro de 1929, foi publicada en: BUGALLAL MARQUESI, José Luís, Sofía Casanov a: un siglo de glorias y dolores, A Coruña, Real Academia Galega, 1964.
MARTÍN RODRIGO, Inés. Azules son las horas. Espasa MARTÍNEZ MARTÍNEZ, Rosario. Sofía Casanova, mito y realidad. Xunta de Galicia PAZOS, Antón M. Vida e tempo de Sofía Casanova (1861-1958). CSIC, Santiago de Compostela, 2010. CARRETERO NOVILLO, José Mª. "Sofía Casanova", en Más de cien vidas extraordinarias contadas por sus protagonistas. Vol. II. (Madrid, 1943), pp. 397-403. BUGALLAL MARCHESI, José Luis. "Sofía Casanova. Un siglo de glorias y dolores", en Boletín de la Real Academia Gallega (La Coruña, 1964). ENA BORDONADA, Ángela (ed.). Novelas breves de escritoras españolas (1900-1936). (Madrid: Ed. Castalia & Instituto de la Mujer, 1989). FUENTES PILA, Pilar. Mujeres corresponsales en la historia del periodismo español: Sofía Casanova. (Madrid: Facultad de Ciencias de la Información [Universidad complutense], 1961). BOSCH, Josep. Sofía Casanova corresponsal en dos guerras mudiales. Ed. VoD, 2022
Cadro, descrición de documentos e inventario /Mercedes Fernández-Couto Tella (ARAG)(1999) Posteriormente describense o fondo e as series / Ricardo Axeitos Valiño (2002) Novo documento no fondo: carta de Sofía Casanova a Jesús Carballo Taboada do 31 de agosto de 1957, engadida ao fondo por Ricardo Axeitos Valiño (2005, 07, 07.). Descrición das fotografías: Nélida Cosme Abollo (2008). Traballos realizados baixo a dirección de: Mercedes Fernández-Couto Tella (ARAG)