Claudio Varela García, pintor, poeta e crítico de arte, naceu na Coruña e morreu na mesma vila o 22 de xullo de 1999. Estudou na Escola de Arte e Oficios Artísticos. Foi pintor do Teatro de Cámara da Asociación Cultural Iberoamericana e diseñou varios decorados para o Ballet Galego "Rei de Viana". Participou na Exposición de Outono de 1973 en Madrid, no Pazo de Cristal do Retiro. Escritor e crítico de arte colaborou en varios xornais e revistas como "La Noche", "Faro de Vigo", "La Voz de Galicia", "El Ideal Gallego" e "Abrente", asinando sempre como Claudio Varela de Cambre.
Descoñecida.
Descripción de la forma de ingreso: Doazón de Claudio Varela de Cambre por disposición testamentaria (data do testamento do 24 de setembro de 1999). A adxudicación e entrega do legado foi recollida nunha acta notarialm do 15 de novembro de 1999.
Forma jurídica del ingreso: Legado
No seu legado testamentario, Claudio Varela de Cambre deixou á Real Academia Galega a súa biblioteca, os seus cadros e o seu arquivo persoal. Os primeiros consérvanse na Biblioteca e no Museo da Academia, mentras que os documentos forman o presente fondo, depositado no seu Arquivo. A cerna deste fondo a compoñen manuscritos literarios, debuxos e deseños do autor. Os manuscritos conservan a súa produción poética e narrativa, na súa meirande parte inédita (tan só chegou a publicar o poemario "Pranto serodio", editado por Edicións O Castro en 1994, do que ademais de orixinais consérvanse algunhas cartas sobre a súa publicación). A eles hai que engadir os manuscritos de artigos inéditos e de varias das súas colaboracións en publicacións periódicas, completados con recortes de prensa coas sús columnas de "La Voz de Galicia" e "La Noche". A maioría dos debuxos parecen estar destinados a ilustrar a súa obra poética. Hai que destacar, ademais, os deseños do decorado para a estrea na Coruña da obra de Álvaro Cunqueiro "Don Hamlet" en 1959. Hai un pequeño conxunto de correspondencia e documentos biográficos de variado tipo. Completan o fondo notas e apuntamentos do autor e unha colección de recortes de prensa (a maioría con críticas de arte) e de impresos. Destes últimos destacan folletos e invitacións de exposicións de arte celebradas na Coruña e en Madrid. Un deles dunha exposición de Luís Seoane na Coruña en 1963, dedicada polo pintor a Claudio Varela.
Para organizar o fondo empregouse o cadro de clasificación elaborado polo arquivo da Real Academia Galega para os fondos persoais e familiares, realizado a partir do cadro proposto por Olga Gallego na súa obra "Manual de archivos familiares" (1995), tendo tamén en conta o cadro proposto pola "Sección Nobleza" do AHN. O cadro de clasificación resultante é o seguinte: 02.51.1 Persoal 02.51.1.1 Biográficos 02.51.4 Función privada 02.51.4.1. Novelas 02.51.4.2. Poesías 02.51.4.3. Artigos, colaboracións, notas de prensa e entrevistas 02.51.4.4. Notas e apuntamentos 02.51.4.5. Deseños de mobles 02.51.4.6. Debuxos 2.51.5 Coleccións 02.51.5.1. Separatas e recortes de prensa con artigos de Claudio Varela de Cambre 02.51.5.2. Recortes de prensa 02.51.5.3. Xornais e revistas 02.51.5.4. Impresos
Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no art. 56 e 58 dos Estatutos da Real Academia Galega.
Repordución restrinxida. Requírese a autorización do titular dos dereitos de autor que rixen sobre os documentos do fondo ata o ano 2070.
A documentación é obxecto de propiedade intelectual por parte do seu autor e dos seus herdeiros e está suxeita ao disposto polo Real Decreto lexislativo 1/1996 de 12 de abril, aprobación do texto refundido de propiedade intelectual.
No existen copias
Selección e expurgo e Organización: a documentación chegou á Real Academia Galega en carpertas. Por motivos de conservación os documentos retiráronse delas para reinstalalos adecuadamente, se ben, conserváronse algunhas que tiñan anotacións do autor.
Instalación e descrición do fondo: Ricardo Axeitos Valiño (ARAG). 2008. Traballos realizados baixo a dirección de: Mercedes Fernández-Couto Tella (ARAG)