Do matrimonio de Juan José Pardo de Lama (1748-1797) e Luísa Bazán de Mendo za (1759-1820) naceu Miguel Pardo Bazán (1784-1839). Miguel, colexial de Fonseca, serviu no exército, dentro do célebre Batallón Literario de Santiago. Despois da guerra retorouse co grado de Tenente Coronel. Despois da morte sen descendenc ia, en 1813, do seu tío paterno, Antonio Pardo Patiño, herdou todos os seus bens, que incluían as rendas de varias Casas, distribuídas polas provincias da Coruña e Pontevedra. O 13 de decembro de 1821 casou na Coruña con Joaquina Mosquera y Ribera (1805-1849) coa que tivo a José Pardo Bazán (1827-1890). Este avogado e político coruñés recibíu o título pontificio de Conde de Pardo Bazán. O 3 de febreiro de 1972, Amadeo de Saboya autoriza o uso do título en España, e a partir deste momento José Pardo firma Conde de Pardo Bazán. Casou con Amalia Rúa-Figueroa (1830-1915) o 30 de setembro de 1850 e ao ano seguinte teñen á súa única filla, Emilia Pardo Bazán (1851-1921), famosa escritora e intelectual coruñesa. O 10 de xullo de 1868 Emilia casou con José Quiroga, fillo tamén doutra familia beneficiada por abundantes rendas. Deste matrimonio naceron tres fillos, Jaime (1876-1936), Blanca (1879-1970) e Carmen Quiroga Pardo Bazán (1881-1935). Blanca casou co militar José Cavalcanti (1871-193 7), marqués de Cavalcanti. Jaime casou con Manuela Esteban-Collantes (1880-1959). Deste último matrimonio naceu Jaime Quiroga Esteban-Collantes (morto en 1936). Despois da morte, primeiro de Carmen e, despois, de Jaime e do seu fillo, Blanca e a viúva do seu irmán quedan como últimas herdeiras de todos os bens de Emilia Pardo Bazán e de José Quiroga. Blanca morreu en 1970 sen deixar descendenc ia directa co que no seu testamento repartiu as súas propiedades entre familiares e entidades relixiosas e benéficas. Entre as institucións beneficiadas está a Real Academia Galega. Esta xa recibiu, en 1956, a doazón da casa da rúa Tabern as, número 11, na que vivira a escritora Emilia Pardo Bazán das súas propietarias, Blanca Quiroga e Manuel Esteban-Collantes. Ademáis no seu testamento Blanca deixou á Academia diversos mobles e outros efectos, xunto o arquivo familiar que ela custodiaba e os dereitos de autor da súa nai.
O fondo documental provén da casa da rúa Goya, 23, de Madrid, onde o conser vaba o último descendente de Emilia Pardo Bazán, a súa filla Blanca Quiroga, que o legou xunto cos mobles e obxectos familiares que conservaba á Casa-Museo Emilia Pardo Bazán. Cando en 1971 o fondo chega á Coruña, a RAG o 28 de marzo do mesmo ano, designa unha comisión de académicos para examinar os papeis da escritora coruñesa. A comisión estaba formada por Francisco Vales Villamarín, Juan Naya e Benito Varela Jácome. Este último presentou un informe sobre o estado dos documentos e unha primeira actuación sobre o fondo, en decemb ro de 1972, que se limitou a Dividir a documentación nos seguintes 16 "mazos": "I. Originales novelescos II. Originales novelescos III. Poesía y teatro IV. Conferencias V. Labor periodística VI. Crónicas literarias VII. Críticas sobre literatura española VIII. Literatura francesa IX. Literatura francesa.-Literatura rusa, inglesa, italiana ... X. Feminismo.-Arte.-Isabel II.-Colón y los franciscanos XI. Originales de distintos trabajos, aún sin intercalar XII. Mazo de recetas de cocina XIII. Mazo de recetas de cocina XIV. Papeles del general Cavalcanti XV. Album con recortes de prensa y saludas..." No informe saliéntase a terrible desorde dos papeis. Posteriormente elabor uose un índice da documentación patrimonial. A partir de 1995 o profesor José Manuel González Herrán dirixe un grupo de profesores, Cristina Patiño Eirín e Ermitas Penas, bolseiros e alumnos de terceiro ciclo do Departamento de Litera tura Española da Universidade de Santiago de Compostela, inseridos en dirferentes proxectos, dedicados ao estudo e ordenación da documentación de Emilia Pardo Bazán. Desde aquí o arquivo agradece a súa colaboración. En 1999 o persoal do arquivo da RAG comezou a catalogación e organización definitiva do fondo da escritora que concluíu en novembro de 2003. A documentación fotográfica , asemade, non sufrira ningún tipo de tratamento arquivístico até o de agora. O seu estado era caótico, coma o do resto do fondo. Finalmente entre xaneiro de 2005 e xullo de 2008 organízase a documentación patrimonial, da que ata o momento só se tiña un inventario moi sumario, co que remata a instalac ión e descrición de todo este arquivo familiar.
Descripción de la forma de ingreso: Quiroga y Pardo Bazán, Blanca
Forma jurídica del ingreso: Doazón
Retrato de estudio. Plano medio curto de María del Adalid. Leva un vestido de encaixe, un crucifixo sobre o peito, un broche e o pelo recollido cunha fita.
Iconográfico
Cadro de clasificación: 02.40.1. Persoal 02.40.1.1. Biográfico s 02.40.1.2. Biblioteca do Pazo de Meirás 02.40.2. Patrimonial 02.40.2.1. Bens dos Pardo Bazán 02.40.2.2. Bens de José Quiroga 02.40.2.3. Bens dos Marqueses de Cavalcanti 02.40.2.4. Contratos, corresp ondencia, certificacións... de difícil colocación 02.40.2.5. Organización do arquiv o 02.40.3. Función pública 02.40.3.1. Actos 02.40.3.2. Retrato s 02.40.4. Función privada 02.40.4.1. Actividades asociativas 02.40.4.2. Actividade profesional 02.40.5. Coleccións 02.40.5.1. Cartofilia 02.40.5.3. Fotografía de monumentos 02.40.5.5. Retratos de famosos 02.40.6. Arquivos individuais 02.40.6.1. Emilia Pardo Bazán 02.40.6.2. José Quiroga y Pérez de Deza 02.40.6.3. Blanca Quiroga Pardo-Bazán 02.40.6.4. José Cavalcanti 02.40.6.5. Jaime Quiroga Pardo-Bazán
Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 d e 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no art. 56 e 58 dos Estatutos da Real Academia Galega.
Estado de conservación: Bo
Descripción estado de conservación: Algo esvaída.
No existen copias
Información adicional de la copia: L-2-14
« »Exposición permanente da Casa - Museo Emilia Pardo Bazán.