Gonzalo López Abente nace en Muxía (A Coruña), en 1878 e morre o 23 de xullo de 1963.
Neto por liña materna de Leandro Abente, tío de E. Pondal.
Estuda Dereito en Santiago.
Tras viaxar por Francia, Bélxica e Holanda, establécese na súa vila natal, onde traballa nunha entidade bancaria ata a súa morte.
Casa o 20 de setembro de 1909 con Balbina Abente Myszkovski, filla do seu tío Victorino Abente Lago. Enviúva ao ano de casar, a muller morre no primeiro parto, aos 26 anos. Cóntase que posteriormente terá dous fillos naturais, un neno e unha nena.
Adheriuse ao acto de creación da Irmandade de Amigos da Fala da Coruña, e máis tarde está á fronte da de Muxía.
Colaborou en El Noroeste, Nos, Rexurdimento, Ronsel, A Nosa Terra, etc.
Dende 1925 forma parte do Seminario de Estudos Galegos.
2.3 Historia archivística
O poemario "Monza de frores bravas" foi entregado polo autor a Sebastián Risco en 1960, que o publicou co gallo do día das letras galegas de 1971, dedicado ese ano a López Abente. Aínda que non hai constancia na Real Academia Galega do dato, é posible que un dos ms. conservados do poemario proveñan de Sebastián Risco.
3. Área de contenido y estructura
3.1 Alcance y contenido
O fondo consiste nun conxunto de orixinais de López Abente, ademais dunha breve nota autobiográfica autógrafa.
3.4 Organización
Para organizar o fondo empregouse o cadro de clasificación elaborado polo arquivo da Real Academia Galega para os fondos persoais e familiares, realizado a partir do cadro proposto por Olga Gallego na súa obra "Manual de archivos familiares" (1995), tendo tamén en conta o cadro proposto pola "Sección Nobleza" do AHN. O cadro de clasificación resultante é o seguinte:
02.12.1. Persoal
02.12.1.1. Biográficos
02.12.4. Función privada
02.12.4.1. Orixinais literarios
4. Área de condiciones de acceso y utilización
4.1 Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
Acceso libre coas restricións estabecidas polo decreto 307/1989, de 23 de novembro, polo que se regula o sistema de arquivos e o patrimonio documental de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule a RAG.
4.3 Lengua/Escritura(s) de la documentación
Lengua:
Galician
Spanish; Castilian
5. Área de documentación asociada
5.2 Existencia y localización de copias
Existencia de copias:
No existen copias
7. Área de control de la descripción
7.1 Nota del archivero
Cadro, descrición de documentos e inventario /Mercedes Fernández-Couto Tella (ARAG) (1999)
Posteriormente realízase a descripción do fondo e as series / Ricardo Axeitos Valiño (ARAG)
Traballos realizados baixo a dirección de: Mercedes Fernández-Couto Tella (ARAG) Inventario: 1999
Revisión do inventario: 2002, 07.
Descrición do fondo e as series: 2002, 09.
7.2 Reglas o normas
Reglas o normas:
Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Proposta inicial. Maio 2008
ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000
Xunta de Galiza: Informação mantida e publicada em internet pela Secretaria Geral de Cultura