José Villaverde Velo, naceu en Santiago de Compostela en 1894 e morreu asasinado en 1936.
Villaverde Velo en 1915, con vinteún anos, foi presidente da Sociedad de Carpinteros. A partir desta data comeza a súa participación como orador en mitins, empezando por un acto en Vilagarcía en solidariedade cunha folga de estibadores. Anos máis tarde reclúeno no Castelo de San Antón xunto ao líder sindical Xosé Pasin, pola súa participación nunha folga frustrada.
Sobre 1918 trasladouse a Vigo e en 1920 foi nomeado secretario da Federación Local da UGT.
Por estes anos fundou o xornal Solidaridad Obrera, voceiro da CNT xunto a Severino Estévez, Francisco Pose e Alfredo Carril. Desde entón a súa actividade sindical quedará vinculada ao sindicato anarquista.
En 1927, de novo, ingresa no cárcere, implicado nos conflitos dos canteiros e ao ano seguinte en Vigo dirixe o xornal ¡Despertad!.
Nos anos 1930, xa instalado na Coruña, coñeceu a Palmira Otero coa que tivo dúas fillas, Josefa e Mari Luz. Se ben, dunha relación anterior quedáranlle outras dúas rapazas, Libertad e Fraternidad. Nesta década continuou as súas actividades sindicais e xornalísticas, participando en 1934 nun mitin en Valencia cunha intervención que tivo grande repercusión.
Cando a sublevación das dereitas contra a República, Villaverde é encarcerado na cadea da Coruña o 4 de agosto. Alí permaneceu ata o 24 de setembro, día no que foi asasinado aparecendo o seu corpo sen vida ao día seguinte na praia de Sabón, preto da Coruña.
Historia archivística
Descoñecida.
Alcance e conteúdo
Neste fondo consérvase documentación de José Villaverde Velo e da súa familia.
En primeiro termo temos un pequeno grupo de documentación de interese biográfico, con certificados persoais, carnés, notas, etc., sobre o sindicalista galego e varios familiares.
Pero a parte máis importante a forman máis de 90 cartas cruzadas entre Villaverde Velo, a súa muller, amigos e outros membros da familia, a maioría dos anos 1930. Entre esta correspondencia destaca a do mes que o santiagués pasou na cadea, antes do seu asasinato en setembro de 1936. Con posterioridade a esta década tamén hai unhas poucas cartas da súa muller e fillas que chegan ata os anos 1980. De novo, dentro destes documentos hai que salientar varias cartas do líder sindicalista catalán, Marcos Alcón Selma, cunha das fillas de José Villaverde.
Consérvanse tamén varios impresos, entre eles un regulamento dunha sociedade obreira e unha folla voandeira distribuída pola CNT na Coruña co gallo dunha folga.
Hai, ademais, unha pequena colección de letras de cancións lixeiras dos anos 1930, recollidas en follas soltas impresas e en recortes de prensa.
Finalmente mencionar unha nutrida colección de fotografías de familiares, amigos e de actos sindicais nos que participou Villaverde Velo.
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
Documentación de libre consulta, de acordo co art. 57 e 62 da Lei 16/1985 d e 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español e o art. 82 da Lei 8/1995 do 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia. Así como polo estipulado no art. 56 e 58 dos Estatutos da Real Academia Galega.
Os documentos que conteñan datos persoais de carácter policial, procesal, clínico ou de calquera outra índole que poidan afectar á seguridade das persoas, ó seu honor, á intimid ade da vida privada ou familiar e á súa propia imaxe só poderán ser consultadas nos termos que establece o art. 57.1 c) da Lei 16/1685 de 25 de xuño do Patrimon io Histórico Español.
Documentación relacionada
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: No existen copias
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia