José Ogea Otero, escritor e político galego, naceu en Cortegada o 16 de agosto de 1841.
Estudou farmacia, licenciándose pola Universidade de Santiago de Compostela o 16 de novembro de 1863.
Despois da revolución de setembro de 1868, foi elixido deputado provincial e en 1873 deputado a Cortes.
Coa caída da I República retirouse da política, residindo en Cortegada onde rexentou a farmacia que antes fora do seu pai.
Escribiu numerosos contos e artigos, publicados na prensa, e varios libros. Mantivo gran amizade con Manuel Murguía e Manuel Curros Enríquez, e foi elixido numerario da Real Academia Galega en 1905.
Faleceu en Cortegada o 3 de decembro de 1909.
2.3 Historia archivística
Sara Ogea a filla pequena de J. Ogea solteira sen fillos, foi a que conservou e gardou a biblioteca e o arquivo do seu pai. Á súa morte deixa de albacea testamentaria á súa afillada, Sara Ruiz Rivera ,casada con Enrique Rey Lorenzo que conservaron o legado. A filla destes, Anunciatta xunto co su fillo Fabio fan a doazón en nome do seu pai.
2.4 Forma de ingreso
Forma jurídica del ingreso:
Doazón
Fuente del ingreso:
Anunciatta Rey Ruiz e o seu fillo Fabio.
Fecha de ingreso:
13/03/2014
3. Área de contenido y estructura
3.1 Alcance y contenido
Plano medio curto dun home traxeado posando no estudio.
Fotógrafo: Carlos García
Clase de documento:
Iconográfico
3.4 Organización
Para organizar o fondo empregouse o cadro de clasificación elaborado polo Arquivo da Real Academia Galega para os fondos persoais e familiares, realizado a partir do cadro proposto por Olga Gallego na súa obra Manual de archivos familiares (1995), e tamén se tivo en conta o cadro proposto pola Sección Nobleza do AHN. O cadro de clasificación resultante é o seguinte:
1. Persoal
1.1. Biográficos
1.2. Correspondencia
1.3. Fotografías
4. Función privada
4.1. Manuscritos e notas
5. Coleccións
5.1. Pergameos
5.2. Impresos
5.2.1. Xornais
5.2.2. Follas voandeiras e prospectos
5.2.2.1. Regulamentos
5.2.2.2. Prospectos políticos e literarios
5.2.2.3. Prospectos publicitarios
5.2.2.4. Estampiñas devocionais e impresos relixiosos
5.2.3. Recortes de prensa
5. Área de documentación asociada
5.2 Existencia y localización de copias
Existencia de copias:
No existen copias
6. Área de notas
Nota general
A doazón comprende tamén a biblioteca de Ogea.
Nota al área de contexto
Forma de ingreso: Un novo conxunto de documentación (a maior parte de carácter patrimonial) entrou no arquivo en decembro do 2017, por compra.
7. Área de control de la descripción
7.1 Nota del archivero
Descrición do fondo: Mercedes Fernández-Couto Tella (2014).
Instalación e descrición da documentación: Ricardo Axeitos Valiño e Jacobo M. Caridad Martínez (2015).
7.2 Reglas o normas
Reglas o normas:
Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Proposta inicial. Maio 2008
ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000