Primitivo Rodríguez Sanjurjo, escritor e profesor nacido en Ourense en 1880 e falecido en Lugo en 1947.
Estudou Dereito en Salamanca e Filosofía na Universidade de Madrid.
En 1920 pasou a Estados Unidos onde levou unha cátedra de literatura española na Universidade de Cornell (Nova York). Permaneceu neste país ata 1926, ano no que regresou a España. Xa aquí obtivo a cátedra de Xeografía e Historia no instituto de Lugo cidade na que permaneceu ata a súa morte.
Casado con María Raquel Salgado Boo, tivo unha filla, Josefina Rodríguez Salgado nacida nos Estados Unidos en 1922 (xa en España mudou os seus apelidos obtendo o permiso oficial para manter o segundo apelido do pai, pasando pois, a ter o nome completo de Josefina Rodríguez Sanjurjo Salgado).
O sogro de Primitivo foi Francisco Salgado y López de Quiroga, quen ademais de ter desempeñado diversos postos na carreira xudicial foi colaborador da revista viguesa Vida Gallega e autor de poemas en galego e castelán.
Primitivo Rodríguez coñeceu e mantivo numerosas relacións con diversos intelectuais e escritores da súa época. Neste senso temos que destacar ao grupo de intelectuais ourensán formado por Vicente Risco, Otero Pedrayo e Cuevillas. Xunto a eles sacou a diante a revista La Centuria en 1917. Tamén mantivo vínculos de amizade con Cansinos Assens e Antonio Bonet Correa.
En 1910 publicou o libro de poesía Las mesetas ideales e en 1921 e en 1921 a obra Escenas de gigantomaquia. Ademais colaborou en varias publicacións periódicas como a revista neoiorquina Current History, a revista Nós ou a xa citada La Centuria.
Historia archivística
Descoñecida.
Alcance e conteúdo
Plano medio curto de Josefina cun tocado nun estudio.
Jorge Zockoll Fotografía, Alcalá 106, Madrid.
Clase de documento:
Iconográfico
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
Acceso libre coas restricións estabecidas polo decreto 307/1989, de 23 de novembro, polo que se regula o sistema de arquivos e o patrimonio documental de Galicia e as restricións que por conservación e preservación estipule a RAG.