A Constitución do ano 1812 prevía o establecemento de escolas de primeiras letras en todo o territorio da nación, así como doutros establecementos superiores e universitarios.
A Lei Moyano de Educación do ano 1857 establece as competencias e composición das xuntas provinciais de instrución Pública e das xuntas locais ou municipais de primeira ensinanza.
Esta rama do goberno no século XIX estivo basicamente integrada nos ministerios da Gobernación ou Fomento. Agás nalgúns momentos como o de creación do de Comercio, Instrución e Obras Públicas, por Decreto de 28 de xaneiro de 1847, como Secretaría de Estado y de despacho que, basicamente, é o de Fomento pero con diversas áreas no nome.
No ano 1851 as competencias de educación pasan ao Ministerio Fomento por Real decreto de 20 de outubro, tala desaparición do de Comercio, Instrución e Obras Públicas. Permanecerán neste Ministerio ate o ano 1900. Neste ano aparece un ministerio específico para a Instrución Pública e as Belas Artes, creado por escisión do de Fomento no Real decreto de 18 de abril con regulamento do 1 de xullo dese ano.
Por Real decreto de 2 de setembro de 1902 reorganízanse as xuntas provinciais de Instrución Pública e créase, en cada capital de provincia, unha Sección de Instrución Pública e Belas Artes para auxiliar ás xuntas provinciais
Ao longo dos anos este Ministerio foi completando a súa estrutura como coa creación da Dirección Xeral de Ensino público no ano 1911 e a Dirección Xeral de Belas Artes no 1915.
O Real decreto de 2 de setembro de 1902 reorganiza as xuntas provinciais de instrución Pública e crea, en cada capital de provincia, unha Sección de Instrución Pública e Belas Artes para auxiliar ás xuntas provinciais. No ano 1907 estas xuntas provinciais, por outro Real decreto, son designadas como o órgano da administración do ensino en cada provincia.
No período franquista o Ministerio pasa a denominarse Ministerio de Educación Nacional. No ano 1966, pola Lei 35/1966 do 31 de maio, identifícase como Ministerio de Educación e Ciencia, nome que perdurará tres décadas.
Ao ano seguinte, o Decreto 2764/1967, do 27 de novembro, de reorganización da administración civil do Estado para reducir o gasto público, unifica os servizos periféricos relativos á educación nas delegacións provinciais de Educación y Ciencia
Pouco despois, o Decreto 2538/1968 do 25 de setembro, regula as delegacións provinciais do Ministerio de Educación y Ciencia e reorganiza a Inspección Xeral de Servizos deste Ministerio. Establece que:
- En cada provincia existirá unha delegación provincial do Ministerio.
- A dirección, coordinación programación e execución da actividade administrativa de todos os centros e dependencias, agás das Universidades, realizarase por esta delegación provincial.
- Intégranse nestas delegacións as delegacións e xefaturas de servizo, calquera que sexa o seu carácter, dependentes do Ministerio ou das delegacións e xefaturas de servizo. Tamén os servizos administrativos da Junta Provincial de Construcións escolares e da Junta Provincial de Formación Profesional Industrial. Este decreto foi desenvolvido pola Orde de 24 de febreiro de 1969.
Trala publicación da Lei xeral de Educación do ano 1970, vólvense a regular as delegacións Provinciais do Ministerio mediante o Decreto 3855/1970, do 31 de decembro, de organización das delegacións provinciais de Educación e Ciencia, as xuntas provinciais e as de distrito. O máis representativo deste decreto é:
- clasifica as delegacións provinciais en varias categorías.
- implanta en cada delegación a existencia dun secretario provincial.
- establece que estas delegacións estarán compostas polas seguintes dependencias:
• Administración de servizos
• División de Promoción Cultural
• División de Planificación
• Oficina Técnica de Construcións
En cada delegación existirá xefe de Inspección Técnica Provincial, un consello asesor e unha xunta provincial de educación e, en cada distrito universitario existirá un xunta de distrito. Tamén ofrece a posibilidade de que existen xuntas comarcais ou locais onde o Ministerio o considere necesario.
O Real decreto 2162/1976, do 30 de xullo, de normas orgánicas do Ministerio de Educación e Ciencia, no seu artigo 68 e seguintes, normativiza os servizos periféricos do Ministerio. Este decreto non modifica no substancial as dependencias e órganos establecidos no decreto de 1970
O Estado traspasou esta competencia á comunidade autónoma de Galcia polo
Real decreto 1763/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de ensino no universitario.
Historia archivística
A maior parte do fondo ingresou no Arquivo na década de 1970, en virtude do disposto no artigo 5º do Decreto 914/1969, do 8 de maio, de creación do Archivo General de la Administración de Alcalá de Henares. A fracción correspondente a "Promoción cultural" ingresou máis tarde por unha transferencia irregular.
Alcance y contenido
Realizadas en cumprimento da Circular da Sección Administrativa de Primeira Ensinanza da Coruña, de 20 de xaneiro de 1943. Inclúen datos de: situación da escola, data de creación (provisional e definitiva), distrito escolar que comprende, matrícula media, institucións complementarias que posúa. Incorpora planos de situación e planta do edificio, e ás veces, fotografías de docentes e alumnado.
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
Acceso libre en xeral.
Normativa:
Trátase de documentación pública de titularidade estatal, xestionada pola Xunta de Galicia. Ao seren depositados no ARG, os documentos adquiren a condición de bens de interese cultural (art. 50 de la Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, e 60 da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español), e pasan a gozar así do
Condiciones de reproducción
Condiciones de reproducción:
A reprodución da documentación deste fondo está suxeita ás seguintes disposicións:
- Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
- Orde do 31 de agosto de 2010, pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia.
Lengua:
Spanish; Castilian
Escritura:
Mecanografada
Características físicas
Estado de conservación:
Bo
Descripción del estado de conservación:
Trátase de documentación textual sobre papel, en bo estado de conservación
Documentación relacionada
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: Non existen copias
Unidades de descripción relacionadas
Unidades de descripción relacionadas: Pode considerarse como relacionada a documentación da Delegación Provincial do Ministerio de Información e Turismo, do Ministerio de Cultura, da Consellería de Cultura e da Consellería de Turismo, Xuventude e Deportes. Atoparemos documentación complementaria nos arquivos históricos provinciais e no Arquivo Xeral da Administración de Alcalá de Henares. Tamén é documentación complementaria a das institucións do movemento nacional: Delegación Provincial de Xuventudes, Sección Feminina e Asociacións/Familia.
Notas
Nota general
A maior parte das 395 unidades de instalación que intengran este fondo áchanse descritas polo momento nun inventario analóxico que leva o número F. 342.