Descoñecemos a data da instauración da Subdelegación de Rendas de Ferrol; é posible que xa funcionase nos primeiros anos da década de 1710 como parte das funcións dos corrixidores. De feito, a Real ordenanza de 1718 establece que o intendente pode subdelegar as súas funcións nos corrixidores. Na Ordenanza de intendentes-corrixidores do 13 de outubro de 1749, encárgaselles precisamente a persecución do contrabando e da fraude na renda do tabaco.
No caso de Ferrol, ademais, o corrixidor pasa a chamarse alcalde maior. Pola Real decisión do 14 de decembro de 1760 e a Cédula do Consello de Facenda do 17 de decembro do mesmo ano, será o encargado de atender o contrabando e o cobro das rendas reais. En 1794 xa aparece á fronte do goberno da cidade o gobernador político e militar, que ten ademais a función de xuíz subdelegado de rendas. Esta función estableceuse na Instrución xeral de rendas de 1816, que dispón claramente que os subdelegados de rendas serán os gobernadores das provincias marítimas coas mesmas funcións que os intendentes en cadanseus territorios, aínda que o alcalde maior da vila seguirá a ser asesor nato da Subdelegación.
A Subdelegación artéllase arredor do xeneral gobernador subdelegado de rendas, que coincide na persoa do gobernador político e militar de Ferrol, que resolve, normalmente, as causas presentadas polos carabineiros, así como o remate do arrendamento dos impostos. Conta tamén a Subdelegación, ademais dun escribán, cun subdelegado de rendas que depende do gobernador e atende os mesmos negocios ca el; ambos alternan as súas funcións como xuíces.
Polo Real Decreto de 23 de maio de 1845 que organiza a administración central e provincial da facenda pública o subdelegado de rendas de Ferrol pasa a depender do intendente provincial
Historia archivística
Este fondo ingresou por transferencia o 16 de novembro de 1982, mesturado dentro do fondo do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución de Ferrol, encargado de transferir ao Arquivo a documentación procedente da antiga xurisdición de Ferrol. Pode que a documentación pasase a este xulgado en cumprimento do Real decreto do 21 de abril de 1834, que ordenaba que cesasen todos os alcaldes ordinarios das vilas e que lles remitisen aos xuíces letrados das cabezas de partido todos procesos e expedientes nos que estivesen entendendo. Así, todos os escribáns dos coutos e xurisdicións suprimidos debían entregar os seus asuntos ao gobernador político e militar de Ferrol, que tamén era o subdelegado de rendas. Temos que esperar ata 1851, cando se abren os armarios do defunto escribán desta subdelegación, José González Solís, para que cheguen ao Arquivo os seus expedientes e causas desde o ano 1809 ata 1848. Aínda que non se poden descartar outras transferencias sen documentar.
Alcance y contenido
Este fondo documental conta con 13 series que amosan, por unha banda, a loita fronte ao contrabando recollida nas Causas, onde atopamos tamén os Expedientes de confiscación de xéneros prohibidos e fardos de tabaco; por outra banda, a súa actividade facendística queda reflectida en diversas series: Expedientes de arrendamento de impostos, Expedientes de cobro de multas e gastos de xustiza, Expedientes de devolución de bens secuestrados a institucións relixiosas, Expedientes de secuestro de bens a institucións relixiosas, Expedientes de venda de bens da caixa de amortización ou os Expedientes de venda de oficios públicos.
Clase de documento:
Textual
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
Acceso libre en xeral.
Condiciones de reproducción
Condiciones de reproducción:
A reprodución da documentación deste fondo está suxeita ás seguintes disposicións:
- Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
- Orde do 31 de agosto de 2010, pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia.
Lengua:
Spanish; Castilian
Características físicas
Estado de conservación:
Regular
Documentación relacionada
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: Non existen copias
Unidades de descripción relacionadas
Unidades de descripción relacionadas: Real Audiencia de Galicia
Audiencia Territorial de Galicia
Real Intendencia de Galicia
Xulgado da vila de Ferrol e da Graña/Xulgado de primeira instancia de Ferrol
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia