Situado en Leiro, o mosteiro dúplice e patrimonial de Santa María de San Clodio foi fundado no século X por Álvaro e Sabita. Estes dous personaxes fan no ano 928 unha doazón a un cenobio que eles mesmos edificaran ao lado do río Avia. Este mosteiro tiña as súas propiedades territoriais na zona do Ribeiro, a ambas as dúas marxes do río, e adicouse principalmente á viticultura, o que lle supuxo importantes rendas. Desde os anos centrais do século XIII mantivo conflitos coa vila de Ribadavia e máis tarde preiteou tamén con membros da nobreza laica, fundamentalmente cos Sarmiento e os Soutomaior. Desde mediados do século XII o cenobio pertencía á orde beneditina e no século XV debeu integrarse na orde cisterciense. Santa María de San Clodio gozou da súa época de maior esplendor na centuria de 1400, co abade frei Xoán de Grixoa á súa cabeza quen anexionou para o cenobio de Leiro os bens do mosteiro feminino de San Miguel de Bóveda. En 1536 Santa María de San Clodio pasou a depender da Congregación de Castela e desde 1586 ata o ano 1611 acolleu un Colexio de Artes. Tras a Desamortización do século XIX cesou a súa actividade relixiosa que recuperou no ano 1991, cando se instala nel un grupo de monxes bieitos procedentes de San Xulián de Samos.
Historia archivística
Os fondos dos mosteiros e conventos desamortizados da provincia da Coruña ingresaron no ARG en virtude dunha orde ministerial do 10 de novembro de 1887, probablemente executada en 1888. Anteriormente, e desde o momento da exclaustración, a documentación permanecera en dependencias públicas, incorrectamente custodiada. Antes de 1851 estiveran en Galicia os comisionados da Academia da Historia, e recolleran moitos documentos relevantes para a historia de Galicia.
Alcance y contenido
Conta só cunha sección: Documentación patrimonial
Clase de documento:
Textual
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
Acceso libre en xeral.
Titular de los derechos:
Trátase de documentación pública de titularidade estatal, xestionada pola Xunta de Galicia. Ao seren depositados no ARG, os documentos que integran o fondo adquiren a condición de bens de interese cultural, tal e como estipulan, respectivamente, os artigos 50 da Lei 8/1995, de 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, e o 60 da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español. Así, pasan a gozar do réxime de protección que as devanditas normas establecen para estas categorías de bens culturais.
Condiciones de reproducción
Condiciones de reproducción:
Normativa de aplicación:
- Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
- Orde do 31 de agosto de 2010, pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia.
Documentación relacionada
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: Non existen copias
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia