Político, irmán de Xosé A. Suárez Picallo, emigrou a Argentina en 1912, onde desempeñou diversos oficios e comezou a súa actividade política no movemento socialista e nos sindicatos obreiros. Foi membro do Consejo Federal de la Marítima e do Comité Central da Unión Sindical Argentina. Colaborou en diversas publicacións (La Argentina, La República), escribiu folletos e obras teatrais. Vinculado á Federación de Sociedades Gallegas, foi un dos directores da revista Céltiga (xunto a Eliseo Pulpeiro, Blanco Amor e Ramón Lorenzo Garrido) e secretario de redacción do semanario Correo de Galicia (1926-1931). En 1926 participou en Xenebra no congreso da Organización Internacional do Traballo e visitou Galicia,onde trabou amizade con Antón Vilar Ponte. En 1930 participou na fundación da ORGA en Bos Aires. Pouco despois da proclamación da República a Federación Republicana Gallega convocou para xuño de 1931 unha asemblea co propósito de elaborar un anteproxecto de Estatuto de Autonomía. A Federación de Sociedades Gallegas e a ORGA de bos Aires acordaron enviar a Picallo e Alonso Ríos como delegados. A destacada participación de Suárez Picallo levou a propoñelo como canidato a deputado ás Cortes na lista coruñesa da Federación Republicana Gallega. Participou na campaña abogando por una República Federal de Esquerda e autonomía de Galicia. Foi elixido deputado con 32 anos e ingresou na minoría parlamentaria liderada por Casares Quiroga. O abandono por parte da ORGA do federalismo levouno a ingresar no Partido Galeguista en decembro de 1931. Co triunfo da dereita nas eleccións de 1933 perdeu o seu escano, tras o que se licenciou en Dereito pola Universidade de Santiago en 1935. Foi director de A Nosa Terra, SER, vicedirector de Claridad e colaborador de Vanguardia Gallega e El Pueblo Gallego. Volve a ser elixido deputado do Partido Galeguista en 1936, que comparece nas eleccións en coalición co Frente Popular. Ao declararse a Guerra Civil trasládase a Barcelona, onde colaborou en Nova Galicia. Ao termo da guerra marcha a Francia e EE.UU., instalándose finalmente na República Dominicana, onde dirixiu o diario La Nación. En 1940 trasládase a Chile (onde colabora en La Opinión, La Hora, El Mercurio e El Sur e en 1944 foi un dos fundadores do Consello de Galiza, ao que pertence ata a súa morte). En 1956 instálase en Bos Aires e colabora con Castelao no Consello de Galiza. Alí participou no I Congreso da Emigración Galega (1956) e dende 1959 desempeña a cátedra de Cultura Galega do Centro Lucense e dirixiu o xornal Lugo.
A maior parte dos documentos e publicacións que integran o fondo pertenceron a Ramón Suárez Picallo e achábanse en poder do seu herdeiro, que debeu complementalos con outros relacionados directamente con el. Algúns outros reuníronse pola "Comisión Irmáns Suárez Picallo".
Forma jurídica del ingreso: Comodato
No existen copias