O mosteiro cisterciense de Santa María de Melón foi fundado na primeira centuria do século XII por uns monxes procedentes de Claraval guiados polo abade Xiraldo. Deste este mosteiro expandirase posteriormente a orde do Císter ata os cenobios de San Clodio e de Santa María da Franqueira. Melón gozou de numerosas doazóns e privilexios reais sobre todo por parte dos monarcas Afonso VII, Fernando II e Afonso IX, e no século XIII chegou a ser un dos mosteiros máis importantes de Galicia. Ademais de contar con donativos de particulares, os monxes de Melón tamén se adicaron a mercar terras e destacaron na viticultura. O cenobio tiña propiedades por todo o sur de Galicia abarcando ata a ría viguesa. En 1176 Santa María de Melón acadou o reguendo de Vigo e os relixiosos deste cenobio foron unha peza fundamental na fundación da cidade olívica. Con todo o mosteiro tivo a maior parte das súas propiedades territoriais na súa contorna, tanto na Serra do Suído coma no Ribeiro, onde se afanaron na explotación dos viñedos. Ao longo do Medievo Santa María de Melón mantivo conflitos coas vilas de Ribadavia e Monterrei pola disputa de bens e beneficios. Xa na Baixa Idade Media os monxes litixiarán cos nobres das casas de Soutomaior e Sarmiento. En 1506 incorporouse á Congregación de Castela. Neste caso a incorporación non supuxo a decadencia do mosteiro, que seguiu sendo un dos máis destacados da Península. Coa Desamortización do século XIX desapareceron os seus numerosos bens.
Os fondos dos mosteiros e conventos desamortizados da provincia da Coruña ingresaron no ARG en virtude dunha orde ministerial do 10 de novembro de 1887, probablemente executada en 1888. Anteriormente, e desde o momento da exclaustración, a documentación permanecera en dependencias públicas, incorrectamente custodiada. Antes de 1851 estiveran en Galicia os comisionados da Academia da Historia, e recolleran moitos documentos relevantes para a historia de Galicia.
Forma jurídica del ingreso: Transferencia
O fondo comprende series documentais basicamente relacionadas coa xestión eclesiástica da comunidade, o goberno do seu señorío e a adquisición e administración do patrimonio do mosteiro. Unha parte da documentación está composta polas series procedentes dos mosteiros e conventos que incorporou a principios do século XVI. O fondo conservado no ARG áchase moi minguado. Fundamentalmente son series documentais sobre a adquisición e administración do seu patrimonio.
Textual
Acceso libre en xeral.
Normativa de aplicación: - Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia. - Orde do 31 de agosto de 2010, pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia.
Non existen copias
Descrición realizada por Concepción García García e María del Rosario Torreiro Martínez, baixo a dirección de Mª del Carmen Prieto Ramos