Trátase dunha colección aberta. Iniciouse en decembro de 1990 coa adquisición de 2.071 postais de Galicia, especialmente da Coruña, por parte da Consellería de Cultura da Xunta de Galicia. Outro número importante (900) ingresou, tamén por compra, no ano 1995. En menor cantidade, recibíronse por compra ou doazón en 1992, 1996, 1997 ou 2007.
Reflicten de forma maioritaria paisaxes urbanas e rurais de numerosas vilas e cidades de Galicia, dalgunhas outras cidades de España e tamén do estranxeiro (París, La Habana, Camagüey...). Predominan as paisaxes urbanas da cidade da Coruña ou doutras cidades ou vilas de Galicia como Baiona, Betanzos, Cambados, Cambre, Cangas, O Carballiño, Carballo, Cee, Corme, Corcubión, Cuntis, Ferrol, A Guarda, Lugo, Mondariz, Noia, Oleiros, Ourense, Pontevedra, Redondela, Ribadavia, Ribeira, Santiago de Compostela, Tui, Verín, Vigo, Vilagarcía de Arousa ou Viveiro, entre outras. Do resto de España, atopamos postais de Avilés, Barcelona, Córdoba, Madrid, Toledo, Biscaia , Zaragoza... Pero hainas tamén doutros lugares do mundo, algúns tan remotos como a China. Así París, Roma, La Habana, México, Madeira, Pompeia, Washington... Entre as imaxes de Galicia, achamos tamén retratos de grupos ou escenas de tipo pintoresco (faenas agrícolas, retratos con traxes do país...) Lugares de edición: París, Berlín, Barcelona, Madrid, Zaragoza, A Coruña, Ferrol, Santiago, Pontevedra, Vigo. Editores: os principais representados son, entre os estranxeiros, Julius Nagelschmidt, de Berlín; e R. Guilleminot, Boesplug et Cie, de París. Entre os españois: Almirall, J. Colomer e Roisin, de Barcelona; F. Mesa Arte, de Bilbao; E.J.G., de Irún; Madrid Postal, Ediciones Unique e Gráficas Villarroca, de Madrid; Arribas, Delflor e Lujo, de Zaragoza; José Iglesias, Librería y Paquetería, de Betanzos; Coruña Postal, Enriqueta Comas Expendeduría de Tabaco; La Internacional Express, Librería de Lino Pérez, Papelería Lombardero e Imprenta Valladares da Coruña; Barcón Pita e Ca., la Papelería de El Correo Gallego, Papelería del Diario Ferrolano, Emilio Moliné e Nores y Couce, de Ferrol; M. Jiménez da Guarda; Fotografía Nuevo, de Monforte; Papelería Loroño, de Noia; Benito Pérez, Fotografía Pintos e Edición Vinas, de Pontevedra; Industrias González, Librería Religiosa, Imprenta, Papelería y Encuadernación Naveira e Papelería El Sol, en Santiago de Compostela... Fototipias: Purger&Co., Photochromekarte, de Munich; Bienaime, de Reims. J. Ortiz, de Astorga; huecograbado, Thomas, de Barcelona; Castañeira, Alvarez y Levenfel, Grafos, Hauser y Menet, Heliotipia Artística Española... Fotógrafos: A. Abadal, Juan Baustista Avrillón, Blanco, Luis Casado, E. Díez, E. Díez Altable, Ferrer, Balnco, F. Ínsua, M. Jiménez, Llanos, Martínez, F. Pacheco, F. Pérez, Joaquín Pintos...