Delegación Provincial de Educación da Coruña

Ligazón persistente
EAD Dublin Core RDF Linked Open Data / EDM 5.2.8
 

Identificación e descrición

Referencia

  • ES.GA.15030.ARG/1.3.2.5.2.

Título

  • Delegación Provincial de Educación da Coruña

Data de creación

  • 1834 / 1980

Data de acumulación

  • 1834 / 1980

Nivel de descrición

  • Fondo

Volume e soporte da unidade de descrición

  • 395 Unidade(s) de instalación

Historia e alcance

Historia institucional/Reseña biográfica

  • Portal de Archivos de Castilla y León

Historia arquivística

  • A maior parte do fondo ingresou no Arquivo na década de 1970, en virtude do disposto no artigo 5º do Decreto 914/1969, do 8 de maio, de creación do Archivo General de la Administración de Alcalá de Henares. A fracción correspondente a "Promoción cultural" ingresou máis tarde por unha transferencia irregular.

Alcance e contido

  • Limitado a unha pequena fracción do fondo, que é a que se describe aquí polo momento, integrada por algúns documentos da sección de "Educación" (comprendidos nas series "Estatítiscas de escolas", "Rexistros de escala de mestres" e "Expedientes persoais de mestres") e por dúas series da sección de "Promoción cultural".

Condicións de acceso

Condicións de acceso

Descrición condicións de acceso:
  • Acceso libre en xeral.
Normativa:
  • Trátase de documentación pública de titularidade estatal, xestionada pola Xunta de Galicia. Ao seren depositados no ARG, os documentos adquiren a condición de bens de interese cultural (art. 50 de la Lei 8/1995, do 30 de outubro, do patrimonio cultural de Galicia, e 60 da Lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español), e pasan a gozar así do

Condicións de reprodución

Condicións de reprodución:
  • A reprodución da documentación deste fondo está suxeita ás seguintes disposicións: - Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia. - Orde do 31 de agosto de 2010, pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia.

Características físicas

Estado de conservación:
  • Bo
Descrición do estado de conservación:
  • Trátase de documentación textual sobre papel, en bo estado de conservación

Documentación relacionada

Existencia e localización de copias

Existencia de copias:
  • Non existen copias

Unidades de descrición relacionadas

Unidades de descrición relacionadas:

Notas

Nota xeral
  • A maior parte das 395 unidades de instalación que intengran este fondo áchanse descritas polo momento nun inventario analóxico que leva o número F. 342.