Real Decreto de 21 de abril de 1834 que ordena o cese dos alcaldes ordinarios dos pobos e a remisión dos procesos e expedientes nos que estiveran entendendo ós xuíces letrados das cabezas de partido, neste caso a Ferrol.
Por este decreto de abril de 1834 pasan a formar parte do partido de Ferrol os concellos de: Ferrol, Moeche, Narón, Neda, San Sadurniño, Serantes, As Somozas e Valdoviño.
2.3 Historia arquivística
Este fondo ingresou por transferencia o 16 de novembro de 1982, do Xulgado de Primeira instancia e instrucción de Ferrol encargado de transferir ó arquivo a documentación procedente da antiga xurisdicción de Ferrol.
O ingreso de documentos doutras xurisdiccións ó xulgado está documentada no "Expediente sobre a incorporación de parroquias do partido xudicial de Ferrol e razón dos asuntos civís e criminais que se van recibindo, e escribáns que os recollen ou que por ser orixinarios os reteñen no seu poder para a súa continuación" (5.207/20) que da cumprimento ó Real decreto de 21 de abril de 1834 que ordena o cese de dos alcaldes ordinarios dos pobos e a remisión de tódolos procesos e expedientes nos que estiveran entendendo ós xuíces letrados das cabezas de partido.
2.4 Forma de ingreso
Forma xurídica do ingreso:
Transferencia
Fonte do ingreso:
Xulgado de Primeira instancia e instrucción de Ferrol
Data de ingreso:
16/11/1982
3. Área de contido e estrutura
3.1 Alcance e contido
Documento composto que reflicte un proceso xudicial civil.
- Iníciase por medio dun pedimento ou demanda, seguida da citación e a contestación do demandado. Na fase seguinte, que é a de proba, pódese recorrer a diferentes medios: a proba testemuñal, a documental e mesmo a inspección ocular ou a propia confesión do demandado.
- Esta fase adoita rematar cun alegado de "ben probado" para fixar as posicións das partes e dar por concluído o preito, en espera de sentenza.
- Remata cunha sentenza que resolve o asunto do xuízo.
- As sentenzas poden ser recorridas, xeralmente perante a instancia superior (Audiencia Territorial de Galicia), o que desencadea un novo conxunto de actos procesuais.
Clase de documento:
Textual
3.3 Novos ingresos
Novos ingresos ou transferencias:
Trátase dun fondo pechado, polo que se descartan novos ingresos
3.4 Organización
Cronolóxica
4. Área de condicións de acceso e utilización
4.1 Condicións de acceso
Descrición condicións de acceso:
Acceso libre en xeral. Este dereito está garantido polo artigo 105.b da Constitución Española de 1978, e desenvolvido no artigo 37 da Lei 30/1992 de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.
Para o caso concreto da documentación custodiada nos arquivos, este dereito está regulado polo artígo 57 da Lei 16/1985 de 25 de xuño do Patrimonio Histórico Español, e o artigo 82 da Lei 8/1995 de 30 de outubro, do Patrimonio Cultural de Galicia, que desenvolve o artígo 44 da Constitución.
Normativa:
Trátase de documentación pública de titularidade estatal, xestionada pola Xunta de Galicia. Ó ser depositados no ARG os documentos que integran o fondo adquiren a condición de Bens de Interese Cultural, tal e como estipulan, respectivamente, os artigos 50 da Lei 8/1995, de 30 de outubro do Patrimonio Cultural de Galicia, e o 60 da Lei 16/1985, de 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español, pasando a gozar polo tanto do réxime de protección que as devanditas normas establecen para as ditas categorías de bens culturais.
4.2 Condicións de reprodución
Condicións de reprodución:
Por estar transferida a xestión á Comunidade Autónoma de Galicia, a reproducción da documentación deste fondo áchase suxeita á Lei 6/2003 de 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia que establece no seu capítulo II o réxime xeral de xestión, recadación e recursos en materia de prezos públicos, desenvolvido, segundo o disposto no art. 47 da lei, polo Decreto 219/2011de 17 de novembro, no que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reproducción prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia.
4.3 Lingua/Escritura(s) da documentación
Lingua:
Spanish; Castilian
4.4 Características físicas
Estado de conservación:
Bo
4.5 Instrumentos de descrición
Instrumentos de descrición:
Catálogo no programa Albalá
Catálogo en fichas
5. Área de documentación asociada
5.2. Existencia e localización de copias
Existencia de copias:
No existen copias
5.3 Unidades de descrición relacionadas
Unidades de descrición relacionadas:
Real Audiencia de Galicia
Audiencia Territorial de Galicia
Real Intendencia de Galicia
Xulgado da vila de Ferrol e da Graña
Subdelegación de Rendas de Ferrol
Xulgado de Guerra e Mariña
Documentación notarial
5.4 Nota de publicacións
Publicacións:
QUIROGA BARRO, Gabriel: Imaxes da xustiza en Galicia: cartografía e iconografía nos fondos documentais da Real Audiencia de Galicia e Audiencia Territorial da Coruña. Santiago de Compostela: Dirección xeral de patrimonio cultural, 1998.
6. Área de notas
Nota xeral
Este fondo atópase en proceso de organización e descrición, polo que pode sofrir modificacións.
As series coas súas datas e volumes refírense á documentación xa organizada é descrita
7. Área de control da descrición
7.1 Nota da/do arquivista
Descrición realizada por María del Rosario Torreiro Martínez, baixo a dirección de Mª del Carmen Prieto Ramos
7.2 Regras ou normas
Regras ou normas:
Norma galega de descrición arquivística: (NOGADA). Proposta inicial. Maio 2008
ISAD(G): Norma Internacional General de Descripción Archivística: Adoptada por el Comité de Normas de Descripción, Estocolomo, Suecia, 19-22 septiembre 1999. 2ª ed. Madrid : Subdirección General de Archivos Estatales, 2000