Demanda laboral, rama da construción naval, de José Eiroa Mosquera contra Augusto Miranda Maristany, xerente da "Sociedad Española de Construcción Naval", sobre reclamación do pago de indemnización por despedimento tras a publicación dun artigo nun diario local.
Data de creación
1934
Data de acumulación
1934
Nivel de descrición
Unidade documental
Volume e soporte da unidade de descrición
1 Expediente(s)
Historia e alcance
Historia institucional/Reseña biográfica
Tribunais Industriais creáronse pola Lei do 19 de maio de 1908 (cunha modificación no ano 1912). O tribunal estaba formado por un xuíz da administración xudicial e un xurado de dous membros da patronal e outros dous membros das organizacións obreiras. Este tribunal coñecía da aplicación do contrato de arrendamento de servizos, de traballo, de aprendizaxe, de embarque, de accidentes de traballo e todos os incumprimentos de carácter social que non estivesen fincados noutra xurisdición específica. O Goberno poderá decretar o establecemento dun Tribunal industrial na cabeza dun partido xudicial, con xurisdición sobra todo o territorio do partido, sempre que o estime oportuno e á petición de obreiros e patróns do territorio, de acordo con esta disposición, o Real Decreto de 21 de outubro de 1908 establece que se crearán os seguintes tribunais industriais na provincia da Coruña: Betanzos, A Coruña, Ferrol e Santiago, nos demais partidos as funcións serán atribuidas aos xulgados de primeira instancia.
As dietas que sexan abonables ao xurado non excederan de tres sesións calquera que sexa o número que se celebren.
Unha das principais características era que, no proceso, o xurado emitía un veredicto en canto aos feitos probados, aínda que era o xuíz quen ditaba a sentenza. As sentenzas dos Tribunais Industriais eran recurribles en recurso de revisión ante a Sala Civil da Audiencia territorial ou en casación ante o Tribunal Supremo
En 1926, o Decreto-Lei de Organización Corporativa Nacional creou os comités paritarios con funcións normativas delegadas e de prevención e conciliación de conflitos colectivos; aínda que tamén lle foi outorgado funcións xurisdicionais relativamente a temas horarios, de descansos, de despedimentos e outras condicións que emanaban directamente do contrato de traballo. Solaparonse en canto ás competencias cos xa existentes Tribunais Industriais, pero con todo estes últimos só se limitaron a litixios coñecedores de accidentes laborais habendo unha simetría perfecta en canto ás competencias de ambos os órganos xurisdicionais.
En novembro de 1931 creouse a Lei de Xurados Mixtos. O xurado mixto era un ente procesual paritario de normación e conciliación, tamén con funcións xurisdicionais, nas reclamacións por despedimentos, abono de diferenzas salariais e horas extraordinarias. O comité paritario foi substituído por este xurado mixto, aínda que as competencias seguíanse solapando, unha vez máis, cos tribunais industriais.
Mediante o Decreto do 13 de maio de 1938 suprimíronse os xurados mixtos e os Tribunais Industriais, declarándose que as competencias pasaban a formar parte dos Maxistrados de Traballo. O mesmo decreto creou o mesmo corpo de magistratura e modificou a regulación do proceso laboral, remitíndose en moitas ocasións ao Código do Traballo.
A Lei do 17 de outubro de 1940 creou a Magistratura de Traballo como ente xurisdicional. A lei do 22 de decembro de 1949 regulou os recursos de suplicación e casación no interese da Lei. Posteriormente, a Lei do 24 de abril de 1958 refundou as normas procesuais anteriores
A Lei Orgánica do Poder Xudicial introduciu modificacións estruturais e de nomenclatura, e pasou a nomearse Orde Xurisdicional Social
Lei 7/1989 de Bases do Procedemento Laboral, en desenvolvemento da cal se ditou a Lei de Procedemento Laboral (texto articulado de 1990).
Historia arquivística
O Decreto publicado o 3 de xuño de 1938 sobre suspensión dos Xurados Mixtos e Tribunais Industriais e creación da Maxistratura del Traballo, establece na disposición transitoria que, no prazo de quince días, os Xurados Mixtos e os Tribunais Industriais farán entrega da súa documentación a os Maxistrados de Traballo, polo tanto, a documentación dos tribunais coma a dos xulgados de primeira instancia, que viñan desempeñen as funcións dos tribunais, forón remitidas á Maxistratura de Traballo da Coruña.
A documentación chegou ao Arquivo do Reino de Galicia a través da primeira transferencia da Maxistratura de Traballo nº 1 o 27 de xullo de 1972.
Alcance e contido
Contén a prensa onde se publicaron os artigos:
- El obrero: órgano de la agrupación socialista ferrolana y defensor de la clase trabajadora.
Ferrol. Año:1934, núm 944, 15 de sptiembre
- Renovación: semanario republicano de izquierda.
Ferrol. Ano: 1934, núm 105, 16 de septiembre
- Ley: relativa al personal que presta servicios en las factorías de El Ferrol, Cartagena y la Carraca.
- la Asociación Obrera de Construcción Naval (U:G:T.) y el Sindicato General de Trabajadores (C.N.T.): al pueblo en general. A los trabajadores.
Ferrol. (año:1934), 3 de septiembre.
- El Pueblo Gallego
Vigo. Año: 1934, núm 3254, 6 de septiembre.