APEO DE LOS BIENES Y RENTAS PERTENECIENTES AL MONASTERIO DE NUESTRA SEÑORA DE LA FRANQUEIRA EN LAS JURISDICCIONES DE SALVATIERRA, ACHAS, SOBROSO, Y OTROS LUGARES.
O tribunal que é recoñecido oficialmente como Audiencia Real cara ao 1514 exercerá, a través das súas salas ou en pleno, as competencias de carácter gobernativo e xudicial que as normas da Coroa lle outorgan e as sucesivas ordenanzas lle recoñecen.
Historia archivística
Ata o ano 1775, cando se crea o que constituíu o núcleo fundador do Arquivo do Reino de Galicia, o fondo documental da Real Audiencia custodiouse en diferentes lugares. Así, sobre cada escribanía de asento recaía a responsabilidade inicial da custodia das series documentais produto das súas actividades, mentres que por diversos testemuños sabemos que xa en datas temperás existía un local, que funcionaría como arquivo central do organismo, no convento de Santo Domingo da Coruña, onde sufriría os efectos da ocupación e queima do edificio por parte do exército inglés durante o sitio de 1589. Noutros momentos, o fondo documental —ou fraccións del— gardouse en diferentes institucións coruñesas, como o Convento de San Francisco, o Hospital do Bo Suceso e mesmo nas propias casas dos escribáns. Nuns e noutros locais, as condicións de conservación non eran sempre as máis axeitadas, tal e como evidencian certos testemuños que se refiren a algún deles como "bódega húmeda y mal acondicionada”.
Alcance e conteúdo
Esta serie comprende os expedientes que acreditan a realización de deslindes e demarcacións de fincas ou herdades e posteriormente, de ser o caso, da sinalización dos seus límites con coutos e marcos. En xeral, o seu obxecto era achar o espazo do terreo afecto a un foro: así, medíase e limitábase para aclarar as fincas que o integraban, para evitar ocultacións e determinar quen eran os donos dos dominios directo e útil. Xa que logo, estes documentos constitúen testemuños de actos de xurisdición voluntaria, pois presupoñen a existencia dun título de propiedade material ou formal sobre o que se constrúe a súa relación xurídica; deben diferenciarse dos "apeos litixiosos" ou xuízos de deslinde, que se realizan por mandato da autoridade xudicial para dilucidar os límites de dous terreos ou territorios en disputa. A súa práctica, desenvolvida como un dereito derivado do de propiedade recoñecido xa no Fuero Juzgo, hai que poñela en relación co escurecemento progresivo dos bens rústicos e urbanos que integran o foro por mor do constante movemento do dominio útil, o que dificultaba a identificación dos bens forais. A Real Audiencia tramitaba expedientes de apeo nos "casos de corte", cando o demandante posuía o privilexio de acudir directamente en primeira instancia a ela.
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
Acceso libre. Consulta limitada para aqueles documentos que se achen en mal estado de conservación
Condiciones de reproducción
Condiciones de reproducción:
A reprodución da documentación deste fondo está suxeita ás seguintes disposicións: o Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia; a Orde do 31 de agosto de 2010, pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia.
Lengua:
Spanish; Castilian
Características físicas
Descripción del estado de conservación:
Unha parte do fondo áchase en mal estado debido ás pésimas condicións de instalación que durante séculos sufriron os documentos.
Documentación relacionada
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: No existen copias
Unidades de descripción relacionadas
Unidades de descripción relacionadas: No fondo documental da Real Audiencia de Galicia con frecuencia é posible a topar preitos nos que corren unidos expedientes de apeo, por aportalos as partes como proba en defensa do seu dereito; por seren ordenados xudicialmente para delimitar termos en litixio; porque foron a orixe mesma do litixio (por xurdiren interesados que contradin o apeo), ou por outras causas. Pódense citar en concre to as seguintes unidades de instalación: Leg. 548/11, Leg. 1.357/9, Leg. 27.213/28 9, Leg. 409/44, Leg. 19.901/2, Leg. 1.789/5.
No grupo de fondos procedentes de mosteiros e conventos desamortizados consérvanse numerosos expedientes de apeo, soltos ou recollidos en formato libro. Véxase:
- Nº 230-s. a
Catálogo de libros de Monasterios
(Orden topográfico)
Fechas extremas: XVII-XVIII
Acompaña: Índice de libros de monasterios (Orden alfabético-geográfic o)
Nª de fichas: 676
SG: L.39
- Nº 231- 1979-1980. A Coruña
Archivo Histórico del Reino de Galicia. Sección XII.[I nventario de clero de la provincia de La Coruña]. Contiene:
1. 1979, A Coruña.
Archivo Histórico del Reino de Galicia. Sección XII. Relación de Libros de Monasterios. [Inventario]. 266 a 287 f.
2. 1979, A Coruña
Archivo Histórico del Reino de Galicia. Sección XII. Inventario de la Documentación de Eclesiásticos / Director: Antonio Gil Merino. Realizado por Concepción Julve Benedicto. 2 h., 296 f. (1). A partir de 266- Apéndice
Acompaña:- 1980, A Coruña
Archivo Histórico del Reino de Galicia. Sección XII. Documentació n procedente de monasterios. Índice alfabético de personas, localidades y asuntos. 60 f. (p. 298-358)
358 f. Mec. ; 30,5 x 21,5 cm. ; enc. Rust.
SG: L. 39
Notas
Nota general
MAL ESTADO DE CONSERVACIÓN.INCOMPLETO. FALTA REAL PROVISIÓN.