O vínculo da Casa de Grixoa (Viana do Bolo) fúndao Juan Gómez de Grixoa o 30 de xaneiro de 1549. En 1603 pasa ás mans de Francisco Salgado de Gayoso, que reúne na súa persoa as casas de Grixoa, Vilarmeao e Mormentelos.
No século XVIII, unha descendente de Francisco Salgado Gayoso, María Salgado Pimentel, dona da Casa de Grixoa, Vilarmeao e Mormentelos, do beneficio eclesiástico de Santa María de Larouco e herdeira da obra pía fundada por Gerónimo Salgado Gayoso en 1670, casa con Pedro Patricio de Armesto y Saavedra, fillo de Francisco de Armesto y Ribera, señor da casa e fortaleza de Trebolle, San Clodio e Lóuzara, e de Magdalena Saavedra Figueroa.
As casas de Trebolle, San Clodio e Lóuzara chegan a Francisco de Armesto y Ribera pola súa nai María Pardo Taboada, quen á súa vez as herdara do seu pai Pedro Pardo Taboada, que, segundo a documentación, é o primeiro en titularse señor da casa de Trebolle.
O último posuidor da Casa de Grixoa de quen temos noticia pola documentación é José de Armesto Salgado de Seixas Saavedra Ramírez de Jove.
Historia archivística
O fondo foi depositado no Arquivo pola Dirección Xeral de Patrimonio Cultural da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xunta de Galicia en xaneiro de 1999. Procedía dunha compra realizada con anterioridade a 1988, probablemente nunha casa de poxas de Madrid. O lote adquirido comprendía cinco caixas de documentos de carácter familiar e outras dúas de libros e partituras musicais.
Alcance e conteúdo
Aínda que o fondo abrangue o período comprendido entre os anos 1554 e 1831, a meirande parte da documentación pertence aos séculos XVIII e XIX e foi producida e acumulada polos diferentes membros da familia de maneira orgánica, como resultado da súa actividade. Pódese dicir que destacan tres bloques: a documentación xenealóxica, títulos e vínculos, que se reflicte nas "Escrituras de desagregación vincular"; a documentación patrimonial da familia, que se reflicte nas series "Escrituras de compravenda", "Escrituras de pagos de dotes" e "Testamentos"; e a documentación pertencente a padroado e obras pías, como son os "Expedientes de administración de obras pías" ou os "Expedientes de provisión de beneficios".
Condiciones de acceso
Condiciones de acceso
Descripción condiciones de acceso:
Acceso libre en xeral.
Condiciones de reproducción
Derechos de autor
Situación de derechos de autor:
A reprodución da documentación deste fondo está suxeita ás seguintes disposicións: - Decreto 219/2011, do 17 de novembro, polo que se fixan os prezos públicos e as normas dos servizos de reprodución prestados nos arquivos xestionados pola Xunta de Galicia. - Orde do 31 de agosto de 2010, pola que se establecen as normas para a consulta e reprodución dos documentos nos arquivos propios e xestionados pola Xunta de Galicia.
Características físicas
Estado de conservación:
Bo
Documentación relacionada
Existencia y localización de copias
Existencia de copias: Non existen copias
Unidades de descripción relacionadas
Unidades de descripción relacionadas: Os seguintes preitos do fondo da Real Audiencia de Galicia: - Luis Antonio de Prada y Losada con Antonio de Prada, sobre partija de los bienes fincables de Juan de Prada y Quiroga. Ano 1718. Sig. 8875/34. - Luis Antonio de Prada y Somoza, como marido de Jacinta Armesto y Guitián, con Domingo Antonio de Losada, sobre reivindicación de las casas de Cimadevila y otros bienes de vínculo. Ano 1714. Sig. 8875/36. - Juan Teixeiro Vermúdez con Pedro de Parga y Ulloa, sobre evicción de bienes del vínculo fundado por Inés González Teixeiro. Ano 1710. Sig. 24935/28. - Esteban Salgado Gayoso y su curador Antonio de Barrio con María Maseda y consortes, sobre demanda de bienes del vínculo que fundó Juan Porto. Ano 1796. Sig. 24119/7. - Pedro Patricio de Armesto con Juan Manuel de Armesto, sobre misión en posesión de los bienes de sus padres y abuelos. Ano 1714. Sig. 15032/72. - Juan Javier de Armesto , como administrador de la Obra Pía de Grixoa, con Juan Villalobos y consortes. Que se declare válida la escritura de rendición de censo y más que se expresa. Ano 1859. Sig. 17525/60. - Antonia Ramírez de Jove con Francisco Sánchez Gayoso sobre bienes. Ano 1779. Sig. 21987/56. - Manuel Álvarez de Losada y Bernarda de Prada, su mujer, con José de Prada y Quiroga. Pago de partida de vino y sobre cual de dos justicias ha de conocer de la causa. Ano 1774. Sig. 14280/6. - José Benito Quiroga y Armesto, dueño de la jurisdicción de Vilarmeao, con María Manuela Pardo y José de Araujo y Quiroga, su marido, y otros sobre reivindicación de los bienes que vinculó Tomás Pardo Rivadeneira, abad de Quinta de Lor. Ano 1755. Sig. 17446/48.
Notas
Nota general
- Sistema de organización: Cadro de clasificación baseado nas propostas de GALLEGO DOMÍNGUEZ, Olga. Manual de archivos familiares. Madrid: ANABAD, 1993; e GARCÍA ASER, Rosario, LAFUENTE URIÉN, Aránzazu. Archivos nobiliarios: Cuadro de clasificiación. Sección Nobleza del Archivo Histórico Nacional. Madrid: Ministerio de Educación, Cultura y Deporte, Centro de Publicaciones, 2000.
- Instrumentos de descripción: Base de datos Cumberland Family Tree, para datos xenealóxicos.
Xunta de Galicia. Información mantenida y publicada en internet por la Xunta de Galicia